Didáctica infantil

O que é común a nós

Didáctica infantil

O que é común a nós

Este obradoiro, impartido por Félix Fernández, quere poñer en valor dende un punto de vista artístico e audiovisual as cousas que compartimos coma humanos, nas que nos podemos ver reflectidos nos demais, todo o que nos une fronte ao que nos diferencia, xerando así unha conciencia do que é común a nós, o que nos fai sentirnos máis unidos e que pertencemos a algo. No transcurso da mañá buscaremos entre todos planos e recursos que nos axuden a comunicar esta mensaxe da forma máis eficaz e creativa posible.