AulaCrea

Másterclass: J.P. Sniadecki

AulaCrea J.P. Sniadecki

O cinema do afecto

Se entendemos a cámara e o soporte fílmico coma unha extensión da sensibilidade individual, a relación que se establece co outro, co retratado, e co espazo no que un se encontra, convértese nunha cuestión persoal. Na charla trataremos a maneira de abordar o conflito ético de mirar, situarse ante unha comunidade ou ante un ser humano e considerar que a obxectividade é utópica, que a realidade ten moitas caras ou que quizais, a mellor forma de construíla é a través das subxectividades. Nun mundo cada vez máis definido pola división e a discordia, veremos e discutiremos traballos que xorden do afecto e a atracción, avanzando cara un modo de práctica que evita o dominio e o control a favor da receptividade, a resposta e o ritmo.

Crea logo