AulaColectiva

Másterclass: Dora García

AulaColectiva. Dora García

Da documentación á vídeo performance, á película curta, á longametraxe

Na charla farei un percorrido sobre o traballo de vídeo, filme e película dixital que levo realizado dende o meu primeiro vídeo no ano 2000. A relación do meu traballo de vídeo e filme coa performance e o documental de performance é fundamental para entender certas idiosincrasias das películas máis recentes, coma The Joycean Society ou Segunda Vez, así como para entender a estrutura, moi moi densa, entre escritura, lectura, produción de texto, texto-obxecto, voz, recitación, acción, repetición, reconstrución, documental e ficción.