Accesibilidade universal no festival

O festival INTERSECCIÓN lévase a cabo en tres localizacións da Coruña, o Cinema París, inmoble histórico da cidade que volve abrir as súas portas tras anos de actividade, o CGAI – Centro Galego de Artes da Imaxe e a Fundación Luís Seoane, cada unha delas coas súas particularidades.

Para garantir a accesibilidade aos diferentes espazos, se tes algunha necesidade especial, pedímosche que por favor contactes connosco canto antes na seguinte dirección de correo elena@interseccion.art, explicándonos a túa situación. O noso equipo poñerase en contacto contigo.

 

Accesibilidade física ás sedes

 

Detállase a continuación o estado da accesibilidade física a cada unha das sedes.

 

CINEMA PARIS

– Acceso a nivel a planta baixa, apto para persoas con mobilidade reducida.

– Acceso a plantas superiores mediante ascensor. Tamaño apto para uso en cadeira de rodas.

– Na sala de proxección cóntase con prazas para persoas con mobilidade reducida.

– Dispoñibilidade de aseos adaptados.

 

FUNDACIÓN LUÍS SEOANE

– Acceso a nivel a planta baixa, apto para persoas con mobilidade reducida.

– Acceso a plantas superiores mediante ascensor. Tamaño apto para uso en cadeira de rodas.

– No salón de actos, cóntase con prazas para persoas con mobilidade reducida.

– Dispoñibilidade de aseos adaptados.

 

CGAI

– Acceso con rampla e ascensor de escaleiras, apto para persoas con mobilidade reducida.

– Na sala de proxección cóntase con prazas para persoas con mobilidade reducida.

– Dispoñibilidade de aseos adaptados.

 

Accesibilidade dos nosos contidos

A accesibilidade da nosa web seguirá este 2022 as recomendacións establecidas polo W3C (Consorcio World Wide Web) e a ONCE, en cuestións de uso de tipografía, contraste, calidade e claridade.