Sophio Medoidze

Comisariado por Adam Pugh

Adam Pugh

Sophio Medoidze

[Adam Pugh]

Adam Pugh é comisario, escritor e deseñador con sede en Newcastle upon Tyne, onde tamén se desempeña como director rexional de North East Contemporary Visual Arts Network.+

[Sophio Medoidze]

Nada na URSS, criada na República de Georgia e agora residente en Londres, Sophio Medoidze é unha artista e cineasta que traballa con cine, escritura, fotografía e escultura. +

Questions and Answers

— Estrea española —

Vídeo HD | Son | Cor | 3’ 24’’ | 2013

Unha pseudo película casera, Q&A (PyR) conxura unha localización específica na costa do Mar Negro como un lugar que alberga tanto trauma como placer. A través da locución da artista que describe unha experiencia onírica e ao enfrontar imaxes entre sí, créanse repeticións e descuidos lingüísticos, un equivalente cinematográfico da técnica de fluxo de conciencia.

Tuscany Files

— Estrea española —

SD vídeo | Son | Cor | 5’17’’ | 2008

A narración en Tuscany Files (Arquivos da Toscana) xorde da experiencia dun escritor dunha amnesia lingüística, de tartamudear non na linguaxe senón na gramática. Así como unha protagonista anónima describe a súa vida nunha preciosa vila, a disxuntiva entre palabras e imaxes tórnase máis evidente a medida que a historia avanza.

Fotografías comúns de viaxes, atopadas entre arquivos descartados dunha axencia inmobiliaria próxima ao estudo da artista, convértense na base sobre a que se proxectan os desexos da persoa exiliada– salvo que existe certo problema coa linguaxe.

Jackals and Drones: Chronicles of a Summer

— Estrea española —

Vídeo HD | Son | Cor | 16’ | 20016-18

A narrativa segue o esquema dunha road movie, pero só superficialmente: unha actriz belga chega ao aeroporto de Tbilisi para viaxar a unha cidade formada por covas medievais, Vardzia. A súa viaxe con dous actores non profesionais impulsa a narrativa, mentres que a cámara de Medoidze captura os seus encontros con chacais, drones and monxes ortodoxos, entre outros. A fermosa e desértica paisaxe de Vardzia tan só aparece a través da fiestra dun coche, reflectindo unha fragmentación da vida dos protagonistas da película.
Paralelamente á viaxe, unha personaxe mitopoético semellante a Medea percorre as covas, despreciando a nosa obsesión co progreso e as tecnoloxías. A película empeza e remata coa chuvia que chega como se fose a resposta ás súas pregarias, unha confirmación da condición sagrada da natureza.

Xitana

— Estrea española —

Vídeo HD | Son | Cor | 6’ | 2019

Na solitaria rexión montañosa de Tusheti, ao nordeste de Georgia, a vida permaneu practicamente inmóbil dende tempos medievais ata o verán pasado, cando o goberno georgiano introduciu o acceso Wi-Fi gratuito. Como resultado, os desexos das mozas tushetianas están cambiando drásticamente: o máis probable é que permanezan na aldea con acceso a internet, pero soñan cunha vida mellor máis alá das montañas, que se manteñen inaccesibles debido ás restriccións económicas e fronteirizas.
Este conflicto de desexos é máis pronunciado que nunca durante “Atingenoba”, as festas tradicionais de verán da rexión, que tamén coincide coa tempada alta de turismo.

Andropov’s Ears

— Estrea española —

Vídeo HD | Son | Cor | 7’ | 2014

Un monumento modernista en Tbilisi alcumado Andropov’s Ears (“As orellas de Andropov”, en referencia ao por aquel entón director do KGB, Yuri Andropov) foi demolido recentemente polo goberno neoliberal de Georgia para ser reemplazado por un símbolo de prosperidade capitalista: un centro comercial. Medoidze, quen reside en Londres, decide escapar desta dobre calamidade filmando os vestixios da arquitectura brutalista de Londres e recordando o monumento desaparecido a través da escultura e os seus xestos, os cales son tan íntimos como humorísticos.
Unha voz en off narra a historia ficticia de Medoize sobre unha parella que, nun evento sen precedentes na Georgia soviética, ocupa o monumento das Orellas. Medoidze evita a historización directa ao centrarse na intercambiabilidade das referencias reais coas imaxinarias.

Madoli

— Estrea española —

Vídeo HD | Son | Cor | 14’ | 20020

Rodada durante a festividade anual dos mortos nas vilas de alta montaña de Tusheti, Madoli complica o discurso convencional que xira arredor do xénero e a etnicidade, implicando por igual a protagonistas, espectadores e artista.
A tradicional festa do Madoli – con raíces pagás e no cristianismo máis primitivo, e con abundantes rituais e simbolismos – celébrase anualmente nas montañas de Tusheti. Como muller, a Medoidze non se lle permite grabar os rituais dende preto e teñen que delegar nun home para grabar o sacrificio central. Como acto de desafío, a artista practicará o tradicional canto do loito Dala, unha obra sagrada prohibida para as mulleres.

O foco a Sophio Medoidze, comisariado polo británico Adam Pugh, transpórtanos nunha viaxe sorprendente, precaria e irónica, cargada de humor, de crítica e de historia, a través do imaxinario da artista, que bebe dunha Georgia complexa e chea de contradiccións.

Mércores 27 outubro | 16:30 – 18:00h

Fundación Luís Seoane

Co apoio de: