Sophio Medoidze

bio

Nada na URSS, criada na República de Georgia e agora residente en Londres, Sophio Medoidze é unha artista e cineasta que traballa con cine, escritura, fotografía e escultura. Durante un tempo, traballou de forma anónima como parte do Colectivo Clara Emigrand. A súa obra está marcada pola precariedade e explora o potencial poético da incertidume. A miúdo actúa nas súas propias películas, que progresan ao xustapor diferentes modalidades de imaxe e golpear sons entre sí. O seu traballo está impulsado polo desexo que está atrapado entre a violencia estatal e a axencia personal. Ten amosado obra entre outros, en LUX London, CAC Bretigny, Serpentine Cinema (Peckhamplex), Kunstmuseum Luzern, Whitechapel Gallery, Arnolfini, o programa público de Tbilisi Art Fair. Recibíu o premio Feature Expanded Development pola súa longametraxe Let us flow!, que tamén conta co apoio do Arts Council England.

Sophio Medoidze

O foco a Sophio Medoidze, comisariado polo británico Adam Pugh, transpórtanos nunha viaxe sorprendente, precaria e irónica, cargada de humor, de crítica e de historia, a través do imaxinario da artista, que bebe dunha Georgia complexa e chea de contradiccións.

Mércores 27 outubro | 16:30 – 18:00h

Fundación Luís Seoane

Co apoio de: