Presentación de libros e publicacións

Covid Houses

Covid Study Houses é unha iniciativa que comezou durante o confinamento de 2020 da man de Ekain Olaizola Lizarralde e Jonander Agirre Mikelez. A través das redes sociais e durante 40 días (do 20 de Abril ao 31 de Maio) centos de persoas de todo o mundo debuxaron os seus respectivos confinamentos a modo de plano de arquitectura, a modo de exercicio para reflexionar sobre os xeitos de habitar contemporáneos. Reuníronse 192 debuxos de decenas de países que conforman un mapa colectivo do confinamento, reunidos posteriormente nunha publicación xunto con varios textos que pensan esos momentos e como as nosas vivendas se adaptaron a aquela situación.

Caderno FOCOS + ESCOLAS: Movimientos divergentes

Na terceira edición de INTERSECCIÓN. Contemporary Audiovisual Art Festival (2020) dedicáronse tres focos; tres miradas diverxentes dende as que prestar atención a panoramas variados onde o complexo aparato audiovisual explora o seu carácter transversal ramificándose dende o poético, o político, a revisión da imaxe, a música ou o tecnolóxico.
Outra cousa que aconteceu en INTERSECCIÓN 2021 foi o despregamento dunha sección moi especial: ESCOLAS: paraísos doble proyecto expositivo y monocanal integrado en una sección competitiva a través dunha convocatoria aberta. Esta proposta pretende acercar e visibilizar a creación emerxente a través de diálogos abertos e cruzados, que encontran o seu punto común na idea de paraíso artificial. Contamos neste caso con algunhas testemuños de artistas que participaron no proxecto e unha entrevista ás responsables deste comisariado: o Grupo Subterráneo.

Texto de Sara Donoso

Caderno GALICIA

Este caderno está composto por entrevistas realizadas a tódalas artistas representadas na sección Galicia de INTERSECCIÓN 2020.
Sumidos nun momento de pandemia que parecía inhalar brevemente entre cada novo estado de alarma, a edición do ano 2020 ten sido sen dúbida a máis complexa e esquizofrénica deste festival. Unha edición que se produciu a pesar de e que soubo reafirmar o seu interese pola xeneración de puntos de encontro e debate profesionais cós que enriquecer e continuar perfilando as derivas do sector. Neste sentido, a sección Galicia supón un espazo para visibilizar e incentivar dous dos pilares que queremos seguir construíndo dende INTERSECCIÓN: a creación emerxente e o panorama audiovisual galego.
A nosa ollada xa percorreu estas pezas deixándose seducir pola cor, a metraxe, a atmósfera, o son, transitando entre planos e contraplanos… É momento agora de repousar as imaxes para centrarse nas palabras e descubrir todas esas inquedanzas e exploracións que dan sentido a cada proxecto.

Texto de Sara Donoso

Caderno LAB

Por segundo ano consecutivo, LAB integrouse dentro da programación de INTERSECCIÓN, Festival de Arte Audiovisual Contemporánea.
O Caderno LAB funciona a modo de crónica de todo o que sucedeu no contexto do LAB, recollendo o proceso de revisión en torno á concepción, a busca de referentes, resolución de dúbidas e toma de decisións que se realizou con Lara Curto, Lucía Otero e Santiago Teijelo, para os seus proxectos Lluny, O espazo do fogar e Malgrat.