Sergey Prokofyev

bio

Arquitecto e Director Creativo do Estudo Schwitalla (Berlín), Sergey recibiu o seu título de Arquitectura en 2007 na Academia Estatal de Enxeñaría Civil e Arquitectura de Prydniprovska, Ucraína. Os seus proxectos foron seleccionados en diferentes competicións arquitectónicas e en premios como KRob 2009 (AIA Dallas), eVolo 2010 e 2011 (competición de rañaceos, Nova York) entre outros.
O enfoque principal do seu traballo reside na exploración de novas formas de ferramentas de comunicación arquitectónica a través do vídeo inmersivo. Na súa opinión, o formato de película FullDome 360° é a impresión visual máis intensa para a narración arquitectónica.

Planetario

PLANETARIO é unha sección adicada a pezas audiovisuais de cúpula. Trátase dunha experiencia inmersiva que amplía os límites da pantalla e introdúcenos a outras formas cada vez máis sofisticadas de traballar coa imaxe en movemento.

Sábado 23 oct | 20:00 – 21:00h

Luns 25 oct | 17:00 – 18:00h

Casa de las Ciencias

Domingo 24 oct | 20:00 – 21:00h

Luns 25 oct | 18:30 – 19:30h

Casa de las Ciencias