Jeremy Oury

bio

JJérémy Oury combina habilidades audiovisuais para crear formas dixitais singulares como mapping arquitectónico, cinema de cúpula e creación orixinal para teatro. O seu traballo céntrase na investigación de ilusións xeradas por distorsións xeométricas, na sinestesia entre o son e o vídeo, e en xeitos inmersivos de colocar ao espectador no centro dun universo virtual minimalista, alterando a súa percepción do espazo.
Desde 2014, a súa obra foi premiada en varios festivais internacionais de videomapping e festivais fulldome.
Tamén traballa con compañías de teatro con Comédie Française, Marion Siéfert, Collectif X, Jean Paul Wenzel, Think tank Theatre (Karim Bel Kacem), Incandescence (Gabriel Dufay) e participa en varias instalacións de arte dixital co artista Apach e o colectivo ARCAAN.

Planetario

PLANETARIO é unha sección adicada a pezas audiovisuais de cúpula. Trátase dunha experiencia inmersiva que amplía os límites da pantalla e introdúcenos a outras formas cada vez máis sofisticadas de traballar coa imaxe en movemento.

Sábado 23 oct | 20:00 – 21:00h

Luns 25 oct | 17:00 – 18:00h

Casa de las Ciencias

Domingo 24 oct | 20:00 – 21:00h

Luns 25 oct | 18:30 – 19:30h

Casa de las Ciencias