ARCAAN COLLECTIVE

bio

O Colectivo ARCAAN (Aide et Recherche pour la Création Artistique Audiovisuelle
Numérique // Axuda e Investigación para a Creación Artística Audiovisual Dixital) é unha asociación francesa creada en 2015 co obxectivo de promover, apoiar e estimular a investigación nos campos audiovisuais e dixitais.
Iniciado polo deseñador de son Antoine Briot e o artista dixital Jérémy Oury, ARCAAN fomenta en especial os procesos de escritura paralelos entre Imaxe e Son. A sinestesia traballada polo dúo ten sido aclamada en varias ocasións pola súa natureza inmersiva; sen embargo, ARCAAN rechazou o seu universo minimalista xeométrico en instalacións de 270º / 360º e traballos de mapeado arquitectónico.
Dende entón, as producións do colectivo teñen sido seleccionadas con frecuencia en varios festivais internacionais. A investigación da creación céntrase nunha sensación de movementos virtuais e temporalidade, específicos deste formato de mapeo de proxección, para interrumpir a percepción do espazo por parte da espectadora. Cada edificio convértese nun laboratorio visual e sonoro para o colectivo, propicio para o nacemento dunha nova gramática artística.

Planetario

PLANETARIO é unha sección adicada a pezas audiovisuais de cúpula. Trátase dunha experiencia inmersiva que amplía os límites da pantalla e introdúcenos a outras formas cada vez máis sofisticadas de traballar coa imaxe en movemento.

Sábado 23 oct | 20:00 – 21:00h

Luns 25 oct | 17:00 – 18:00h

Casa de las Ciencias

Domingo 24 oct | 20:00 – 21:00h

Luns 25 oct | 18:30 – 19:30h

Casa de las Ciencias