4Pi

4Pi é un galardoado estudio que combina potentes tecnoloxías emerxentes cun enfoque narrativo crossmedia, produtor de experiencias inmersivas que chegan á audiencia de formas novidosas e cautivadoras. 4Pi desenvolve os seus propios proxectos creativos e plataformas, incluíndo The Dance Dome (A Cúpula da Danza), a cal ten visitado máis de 30 cidades en todo o mundo.
Planetario
PLANETARIO é unha sección adicada a pezas audiovisuais de cúpula. Trátase dunha experiencia inmersiva que amplía os límites da pantalla e introdúcenos a outras formas cada vez máis sofisticadas de traballar coa imaxe en movemento.
Sábado 23 oct | 20:00 – 21:00h
Luns 25 oct | 17:00 – 18:00h
Casa de las Ciencias
Domingo 24 oct | 20:00 – 21:00h
Luns 25 oct | 18:30 – 19:30h
Casa de las Ciencias