Julius Horsthuis

bio

Julius empezou a amar o cine e o vídeo aos 12 anos de idade. Cando acabou o instituto,
empezou a traballar en varios sets de rodaxe como sonidista, claquetista e foquista. Tamén realizou un curso de vídeo dun ano en Open Studio. Durante ese tempo, Julius empezou a interesarse nos gráficos por ordenador e traballou durante varios anos en algunhas empresas de (post) produción, para despois supervisar algunhas películas como Nova Zembla e a galardoada con dous Premios da Academia Manchester by the Sea (Manchester fronte ao Mar). Tamén se encargou da supervisión creativa na que foi a película con máis efectos especiais de Países Baixos: Koning van Katoren (O Rei de Katoren). Para outros proxectos de alto estándar, Julius colaborou con outros artistas visuais e músicos, amosando o seu traballo en numerosas exposicións e eventos.
En 2013, Julius empezou a experimentar con entornos fractais, creando unha mestura única entre o abstracto e a animación cinemática. O seu traballo gañou recoñecemento mundial rápidamente, sendo publicado regularmente en blogs e páxinas de noticias, e a súa película fulldome Fractal Time (Tempo Fractal) foi recoñecida por Forbes como unha das mellores 35 experiencias de realidade aumentada de 2019.

Planetario infantil

Dentro da sección Planetario INTERSECCIÓN conta este ano cunha serie de propostas audiovisuais que poden ser disfrutadas por tódolos públicos, en especial o infantil e o xuvenil, con pezas que presentan propostas dende o máis narrativo ao máis sensorial.