Asya Dyro

bio

Asya Dyro é unha deseñadora gráfica que reside actualmente en Moscú, Rusia. Estivo traballando na produción de películas fulldome dende 2015 e emprega diferentes softwares de gráficos 3D e 2D dixitais.
Interesada nun enfoque experimental e na simplicidade, cre que a cúpula é un bo campo para experimentar con gráficos, cores e movemento e así desafiar as nosas emocións.
Ademais disto, tamén emprega diferentes técnicas tradicionais como o pastel, tinta, rotuladores e acuarelas para facer bosquexos e pinturas. Dende 2018, Asya estivo mellorando a súa habilidade en caligrafía árabe e encontra inspiración na astronomía, bioloxía, caligrafía árabe ou outras artistas como Ernst Hackel, Björk, Olafur Eliasson, Yazep Drazdovich (artista bielorruso que pintaba vida imaxinaria noutros planetas), Andrey Khrazhanovsky ou Laszlo Moholy-Nagy, entre outras.

Planetario infantil

Dentro da sección Planetario INTERSECCIÓN conta este ano cunha serie de propostas audiovisuais que poden ser disfrutadas por tódolos públicos, en especial o infantil e o xuvenil, con pezas que presentan propostas dende o máis narrativo ao máis sensorial.