Planetario infantil II
Der Mond
Robert Sawallisch
— Estrea española —
Fulldome | Son | Cor | 46’ | 2016
[OBRA]
Catro valentes aventureiros da terra sen luz de lúa emprenden unha viaxe para alumear o ceo nocturno. Só con sorte, maxia e a axuda dun porquiño que fala, atopan a maneira de resistir tódolos perigos.
Un conto de fadas emocionante que explica dunha maneira amigable para os nenos como a lúa chegou ao ceo nocturno. Esta historia é unha interpretación libre do conto de fadas A Lúa dos irmáns Grimm.
[BIO]
Robert Sawallisch traballa como produtor de espectáculos fulldome no Zeiss-Planetarium Jena, o planetario máis antigo do mundo. Dende 2013 ten traballado en 9 programas diferentes como produtor, director de arte, artista visual e escritor.
[TXT]
Planetario é unha sección adicada á vangarda técnica do audiovisual contemporáneo, poñendo o punto de mira nunha área aínda en proceso de exploración, como é o cine de cúpula. +
Planetario infantil
Dentro da sección Planetario INTERSECCIÓN conta este ano cunha serie de propostas audiovisuais que poden ser disfrutadas por tódolos públicos, en especial o infantil e o xuvenil, con pezas que presentan propostas dende o máis narrativo ao máis sensorial.