Planetario infantil I
Beautiful Baby Tilapia
Asya Dyro
— Estrea española —
Fulldome | Son | Cor | 4’ 41’’ | 2019
Fulldome | Son | Cor | 4’ 41’’ | 2019
[OBRA]
Esta historia trata sobre un pequeno peixe que nada nun gran río na procura da súa familia. De xeito simple e metafórico, a historia denuncia problemas ambientais.
Estes debuxos animados foron creados en colaboración coa Universidade de San Agustín de Tanzania e a Escola de Educación Primaria Nyamalango en Mwanza, Tanzania. Mentres que Asya estivo traballando como mestra de arte durante un mes na escola Nyamalango, experimentou con diferentes materiais e temas, e mentres xogaban, falaba coas súas alumnas e alumnos sobre a natureza, sobre os animais e a familia. Todos os debuxos da película están feitos polxs nenxs e, para algunxs delxs, foi a súa primeira experiencia traballando con pinturas.
[BIO]
Asya Dyro é unha deseñadora gráfica que reside actualmente en Moscú, Rusia. Estivo traballando na produción de películas fulldome dende 2015 e emprega diferentes softwares de gráficos 3D e 2D dixitais. +
Como mo contaron a min: Lendas maoríes de Nova Zelandia
OHU Domes
— Estrea española —
Fulldome | Son | Cor | 17’ 28’’ | 2019
Fulldome | Son | Cor | 17’ 28’’ | 2019
Fulldome | Son | Cor | 17’ 28’’ | 2019
[OBRA]
Como mo contaron a min: Lendas maoríes de Nova Zelandia é unha colección de tres breves animacións teatrais que poden proxectarse individualmente ou amosarse como unha colección completa. A Historia da Creación conta a historia de Ranginui o Pai Celestial e Papatūanuku a Nai Terra, e os seus moitos fillos que conspiran para separalos. En Rona e a Lúa aprendemos como Marama, a Lúa, chegou a ter o aspecto que ten hoxe nos nosos ceos austrais. O Gran Waka conta a creación da Vía Láctea con tódalas súas constelacións e como se utilizaron ao longo dos séculos para guiar aos mariñeiros polinesios que navegan polos mares do sur. Estas animacións teatrais premiadas foron creadas por OHU Domes e contan con gravacións de instrumentos tradicionais maoríes do Dr. Richard Nunns, narración de Te Kohe Tuhaka, Tānea Heke, Rangimoana Taylor e deseño de son de Dylan Storey.
[COLECTIVO]
OHU Domes é un colectivo de artistas cos mesmos obxectivos e formación de alto nivel, que ten como fin crear contido fulldome atractivo e de grande calidade.+
Fractal Time
Julius Horsthuis
— Estrea española —
Fulldome | Son | Cor | 11’ | 2019
Fulldome | Son | Cor | 11’ | 2019
Fulldome | Son | Cor | 11’ | 2019
[OBRA]
Fractal Time é unha película abstracta e inmersiva que xoga coa orixe e o futuro do noso universo. Horsthuis considera que o seu traballo é “unha viaxe de descubrimento” e a audiencia está convidada a somerxerse nestas novas realidades fractais. O resultado, acompañado por unha banda sonora orixinal, é tanto cinematográfico na súa perspectiva visual como operístico no seu enfoque: cidades que emerxen de naves espaciais, fondos oceánicos que se convirten en selvas, en calquera momento calquera cousa pode pasar e fainos sentir como se alcanzaran os límites da nosa imaxinación.
[BIO]
Julius empezou a amar o cine e o vídeo aos 12 anos de idade. Cando acabou o instituto, empezou a traballar en varios sets de rodaxe como sonidista, claquetista e foquista. +
Planetario infantil
Dentro da sección Planetario INTERSECCIÓN conta este ano cunha serie de propostas audiovisuais que poden ser disfrutadas por tódolos públicos, en especial o infantil e o xuvenil, con pezas que presentan propostas dende o máis narrativo ao máis sensorial.