Planetario II

Babel

Kelley Bell

— Estrea española —

Fulldome | Son | Cor | 6’ 21’’ | 2017

Fulldome | Son | Cor | 6’ 21’’ | 2017

[OBRA] 

A cúpula é unha característica arquitectónica común a unha ampla variedade de espazos sociais. A súa fortaleza provén das forzas naturais de gravidade e tensión, con cada anel suxeito no seu lugar grazas ás forzas que se exercen desde arriba mentres que se apoia no de abaixo. A través deste mutuo apoio, estes hemisferios de pedra, ladrillo e ferro son quen de conter unha gran cantidade de espazo aberto, libre de columnas ou outros soportes. Sendo un dos primeiros logros da enxeñaría arquitectónica, as cúpulas pódense atopar en case todas as culturas, a través de todas as idades, exercendo unha gran variedade de funcións.
En Babel, a artista amorea os diferentes aneis destas cúpulas un enriba doutro coma se foran xoguetes para nenos, aspirando a construir un edificio de gran altura. Sen embargo, as cúpulas xiran en círculos consecutivos, e cada nivel erosiona e suplanta ao seguinte nunha fútil gran batalla arquitectónica que abarca séculos, xeografías e ideoloxías. Igual que a Torre de Babel presenta unha orixe alegórica das diferencias culturais, Babel suxire que o monumento ideal é aquel que reúne todos os ideais —fe, pracer, beleza, industria— e que o equilibrio e a tensión de estas forzas paradigmáticas permítelles coexistir mentres se apoian mutuamente de maneira natural, coma aneis de pedra amoreados para formar un teito abovedado.

[BIO] 

Kelley Bell conta cun mestrado en Imaxe e Artes Dixitais pola Universidade de Maryland, Baltimore, e un grao en Deseño Gráfico polo Instituto Pratt. . +

SUPREMATISM. The day before

Sergey Prokofyev

— Estrea española —

Fulldome | Son | Cor | 6’ | 2021

Fulldome | Son | Cor | 6’ | 2021

Fulldome | Son | Cor | 6’ | 2021

[OBRA] 

“The last futuristic exhibition of paintings 0.10” “Zero-ten” (La última exposición futurista de pinturas 0.10 Cero-diez) foi unha exposición de arte que tivo lugar en Petrogrado entre o 19 de decembro de 1915 e o 17 de xaneiro de 1916. A mostra incluíu 36 traballos de Kazimir Malevich e os seus asociados. O suprematismo foi presentado como unha nova dirección. A exposición “The Last Futuristic” foi nomeada así en base á idea dos organizadores de dar por completado o periodo futurista da pintura rusa e marcar o comezo do Suprematismo. Na esquina vermella da habitación, tradicionalmente reservada para a icona nunha casa ortodoxa, colocouse o “Black Square” (Cadrado Negro).
Esta curtametraxe é un experimento arquitectónico e visual na creación de composicións espaciais baseado nas pinturas suprematistas da exposición “0,10”.

[BIO] 

Arquitecto e Director Creativo do Estudo Schwitalla (Berlín), Sergey recibiu o seu título de Arquitectura en 2007 na Academia Estatal de Enxeñaría Civil e Arquitectura de Prydniprovska, Ucraína. +

Infinite Horizons

Diana Reichenbach

— Estrea española —

Fulldome | Son | Cor | 2’ 37’’ | 2014

Fulldome | Son | Cor | 2’ 37’’ | 2014

[OBRA] 

Un voo a través dunha paisaxe abstracta desafía as percepcións do horizonte.

[BIO] 

Diana Reichenbach é unha premiada artista multimedia especializada en media arquitectónica e inmersiva. Usa plataformas interactivas, inmersivas e baseadas no tempo para explorar a tecnoloxía dixital e a súa relación coa memoria e a percepción.
+

Melancholia

Joanna Saleta

Fulldome | Son | Cor | 4’ 56’’ | 2016

[OBRA] 

Viaxe surrealista a través de impresións de soidade e baleiro. É unha viaxe artística a través da parte máis escura e fría de sentimentos e espazos.

[BIO] 

Joanna Saleta é unha artista polaca de realidade virtual e fulldome. Comezou como deseñadora artística de xogo, e traballa habitualmente con motores de renderizado en tempo real, empregados amplamente en xogos como Unreal Engine. Galardoada con dous Janus Awards (2016 e 2017).

Skylark

Jérémy Oury

— Estrea española —

Fulldome | Son | Cor | 4’ 50’’ | 2018

[OBRA] 

Skylark é unha experiencia inmersiva audiovisual baseada en patróns xeométricos e no efecto moiré.
É un sutil xogo visual de pura xeometría, psicodelia, minimalismo e arte óptico, desenvólvese unha narrativa sobre confinamento, posicionando ao espectador no punto de vista dunha laverca. A figura dunha bolboreta que busca o seu camiño nun espazo de urbanización minimalista, desde o ceo as cidades parecen figuras, medrando constantemente baixo o efecto de novas construcións. Á súa vez, para o camiñante vaise reducindo o seu campo visual a medida que os edificios medran ata vertixinosas alturas. O mundo urbano ao que estamos afeitos sepáranos da nosa identidade salvaxe próxima á natureza.
Esta curta fulldome mestura arte óptico con contido minimalista en branco e negro para producir ilusións con movementos ascendentes ilimitados.
Skylark gañou o premio por Innovación en Tecnoloxías de Produción no festival Fulldome de 2018.

 

[BIO] 

Jérémy Oury combina habilidades audiovisuais para crear formas dixitais singulares como mapping arquitectónico, cinema de cúpula e creación orixinal para teatro. +

Planetario

PLANETARIO é unha sección adicada a pezas audiovisuais de cúpula. Trátase dunha experiencia inmersiva que amplía os límites da pantalla e introdúcenos a outras formas cada vez máis sofisticadas de traballar coa imaxe en movemento.

Sábado 23 oct | 20:00 – 21:00h

Luns 25 oct | 17:00 – 18:00h

Casa de las Ciencias

Domingo 24 oct | 20:00 – 21:00h

Luns 25 oct | 18:30 – 19:30h

Casa de las Ciencias