Planetario I

Liminality

4Pi Productions

— Estrea española —

Fulldome | Son | Cor | 11’ | 2018

[OBRA] 

A peza é unha fusión de culturas e tecnoloxía. Unha instantánea ao constante ciclo de transición e cambio. Cinco bailaríns móvense de paisaxes industriais a paisaxes costeiros, no sur de Gales, Delhi e Goa. A peza resalta as similitudes que estes dous países comparten e a súa relación cambiante a medida que a India apoia a Gales co seu poderío industrial. O residuo cultural deixado polo colonialismo no país asiático avanza cara unha nova fase. Os movementos ritualizados da danza nun ambiente inmersivo 360º evocan sentimentos de algo moito máis antigo que a civilización. Unha conexión co infatigable ciclo da creación, canalizada a través do movemento.

[4Pi Productions] 

4Pi Productions é un galardoado estudio que combina potentes tecnoloxías emerxentes cun enfoque narrativo crossmedia. +

URBAN LEVITATION.

Sergey Prokofyev

— Estrea española —

Fulldome | Son | Cor | 5’ 28’’ | 2019

Fulldome | Son | Cor | 5’ 28’’ | 2019

Fulldome | Son | Cor | 5’ 28’’ | 2019

[OBRA] 

Esta curtametraxe fulldome é unha historia visual arquitectónica baseada no proxecto conceptual “Sports Tower” (“Torre de Deportes”), que se convertiu en finalista na competición de rañaceos eVolo 2011 e a maqueta de Manhattan.

[BIO] 

Arquitecto e Director Creativo do Estudo Schwitalla (Berlín), Sergey recibiu o seu título de Arquitectura en 2007 na Academia Estatal de Enxeñaría Civil e Arquitectura de Prydniprovska, Ucraína. +

Emersive

Colectivo ARCAAN

— Estrea española —

Fulldome | Son | Cor | 5’ 23’’ | 2020

[OBRA] 

EMERSIVE (Emersivo) é unha fascinante experiencia 360° nun universo paralelo futurista 3D. Composto por unha única secuencia de cámara, este filme ofrece a oportunidade de cruzar fronteiras cunha exploración de diversos espazos de microcosmos rodeándonos a través de cuadrículas, poligonado baixo, formas fractais e cores brillantes. Como unha coreografía, escorrega ao espectador cara unha longa e hipnótica secuencia que require o movemento de cámara para adaptarse: rotación, caída, ascenso, avance, retroceso. A banda sonora, combinada cos arquivos de audio, lémbranos a contribución dos descubrimentos científicos e evolucións tecnolóxicas á nosa sociedade, mellorando a nosa contorna a través do dixital durante esta hipnótica viaxe.

[COLECTIVO] 

O Colectivo ARCAAN (Aide et Recherche pour la Création Artistique AudiovisuelleNumérique // Axuda e Investigación para a Creación Artística Audiovisual Dixital) é unha asociación francesa creada en 2015 co obxectivo de promover, apoiar e estimular a
investigación nos campos audiovisuais e dixitais.
 +

Wansui

Alex Hager e Shaoyu Su

— Estrea internacional —

Fulldome | Son | Cor | 5’ 32’’ | 2016

[OBRA] 

Wan Sui é unha antiga expresión chinesa coa que se lle desexa a alguén unha vida de dez mil anos. Dez mil anos é a cantidade de tempo na que o lixo transuránico almacenado na Planta Piloto de Aislamento de Residuos será un perigo para a humanidade. Este vídeo emprega experimentos científicos, linguaxe de vídeo, animación e modelos 3D para crear unha mensaxe de alerta sobre a manipulación de residuos nucleares. É imperativo dar cun método para informar a xeracións futuras das consecuencias da enerxía nuclear. Creouse un experimento co obxectivo de responder á incógnita de se existe unha experiencia visual agradable que informe ás ratas sobre os perigos de vivir preto de residuos nucleares. O absurdo e irónico deste experimento e o seu propósito intencionado dirixe a nosa atención cara a clase de monstro que creamos. Este tipo de monstro vivirá máis tempo do que os humanos levamos existindo na Terra.

[ARTISTAS] 

Alexander Hager é un artista de vídeo residente en Los Ángeles. Dedica o seu tempo a descubrir impresións que a xente deixou na cidade e identifica as súas raíces a través de fronteiras históricas.+

Sonolumin

Diana Reichenbach

— Estrea española —

Fulldome | Son | Cor | 5’ | 2018

Fulldome | Son | Cor | 5’ | 2018

Fulldome | Son | Cor | 5’ | 2018

[OBRA] 

Sonolumin é unha película animada stop-frame fulldome 360º que explora as relacións entre a luz, o son e o espazo. Para este filme, Diana quería crear unha peza que empregara animación tradicional no canto de técnicas xeradas por ordenador. Todos os aspectos da película foron gravados usando stop motion, longa exposición e animación de pintura de luz. A película foi rodada en dúas localizacións: as ruínas da Igrexa Old Sheldon en Yemassee (Carolina do Sur) e a praia Driftwood en Illa Jekyll (Xeorxia).
“Como cineasta que reside no sureste de Estados Unidos, estas localizacións representan a contorna na que me atopo. Tamén son espazos que encapsulan o pasado. No caso da igrexa, as ruínas son os elementos básicos que quedan da histórica igrexa; en canto á praia Driftwood, son restos de árbores que foron arrastradas á beira. A importancia destes espazos é que ambos adoitaban desbordar vida e luz, e no seu estado actual son vestixios da vida que nalgún momento tiveron. A través da animación baseada na luz, o meu obxetivo é reactivar estes espazos e darlles unha nova vida”.

[BIO] 

Diana Reichenbach é unha premiada artista multimedia especializada en media arquitectónica e inmersiva. Usa plataformas interactivas, inmersivas e baseadas no tempo para explorar a tecnoloxía dixital e a súa relación coa memoria e a percepción.
+

Planetario

PLANETARIO é unha sección adicada a pezas audiovisuais de cúpula. Trátase dunha experiencia inmersiva que amplía os límites da pantalla e introdúcenos a outras formas cada vez máis sofisticadas de traballar coa imaxe en movemento.

Sábado 23 oct | 20:00 – 21:00h

Luns 25 oct | 17:00 – 18:00h

Casa de las Ciencias

Domingo 24 oct | 20:00 – 21:00h

Luns 25 oct | 18:30 – 19:30h

Casa de las Ciencias