Pasaia Bitartean
Irati Gorostidi
Jonander Agirre
[Irati Gorostidi]
Irati Gorostidi Agirretxe é cineasta licenciada en Belas Artes pola Universidade do País Vasco […] +
[Jonander Agirre]
Jonander Agirre Miquelez é arquitecto pola Escola Superior d’Arquitectura de Barcelona e pola Kungliga Tekniska Högskolan de Stockholm. +
[TXT]
Ás veces para atravesar unha distancia ou adquirir perspectiva debemos atopar a forma de aboiar sobre ela […] +
Pasaia Bitartean
Irati Gorostidi e Jon Ander
— Estrea galega —
HD vídeo | Son | Cor | 51’ | 2014
Pasaia Bitartean ten como punto de partida o proxecto de arquitectura que Jonander Agirre Mikelez realizou en 2013 baixo o mesmo título. A raíz da búsqueda doutras metodoloxías para pensar a cidade e os seus espazos comúns xorde a idea de articular este proxecto en código cinematográfico.
A película persegue a apreciación do presente de Pasaia e, á súa vez, pensa a urbe como continente de memoria. O traballo como actividade produtiva contraponse ao traballo como actividade museística; turistas que atravesan unha industria en decadencia como parte do traxecto dun cruceiro; ou bandas de hardcore que collen o relevo sonoro desa mesma industria conforman algúns dos elementos a través dos que esta película captura a paisaxe urbana e industrial de Pasaia.
Pasaia Bitartean
Pasaia Bitartean é unha aproximación fílmica ao entramado urbano de Pasaia, municipio no que se ubica o principal porto comercial de Guipúzcoa. O seu tecido industrial e urbano creceu e estructurouse en torno á actividade do porto que, a partir da crise dos 70 e ata a actualidade, foi diminuíndo.
Sábado 30 outubro | 16:30 – 18:00h
Fundación Luís Seoane