Mesa Proxecta

Estratexias para a organización de eventos culturais durante a COVID-19

Nesta mesa sectorial organizada en colaboración con Proxecta – Coordinadora Galega de Festivais de Cinema, as tres participantes Lur Olaizola (programadora en Tabakalera), Majid Seddati (director do Festival d’Art Vidéo de Casablanca) e Aida Vallejo (investigadora na UPV) falarán sobre estratexias para a organización de eventos culturais durante a COVID-19.

Lur Olaizola

Lur Olaizola Lizarralde, é programadora de cine e cineasta. Desde 2015, é a coordinadora do programa audiovisual de Tabakalera, Centro Internacional de Cultura Contemporánea de San Sebastián onde comisariou, entre outros, o Foco Desde el principio. Historias do cine feminista, con programas en Tabakalera e Artium. En 2017 comisariou a primeira retrospectiva de José Val del Omar en Nova York (Distant Touch: José Val del Omar, Anthology Film Archives) e, xunto con Ruth Somalo, o seminario The Limit of Our Gaze: Women Filmmakers and Contemporary Documentary (New York University, 2015). Tamén foi a programadora da 5.ª edición de Screen Loud Film Festival (Anthology Film Archives, 2015).
Antes de incorporarse ao equipo de Tabakalera, traballou como xestora cultural en Nova York. En 2013 e 2014 coordinou o Architecture & Design Film Festival Nuova York, Los Angeles).
Como cineasta dirixiu dúas curtametraxes, Xulia (2019) e Zerua blu (2020, Gran Premio Mellor Curtametraxe española Zinebi 2020). Actualmente está desenvolvendo o seu terceiro proxecto cinematográfico: Hirugarren koadernoa.
Dende 2020 é mestra de Elías Querejeta Zine Eskola.

Majid Seddati

Majid Seddati é Director do Festival Internacional de Artes Visuais e Novos Medios de Casablanca – FIAV (Marrocos).
É tamén director do Festival International des Arts Numériques (Casablanca), fundador de Irisson (Centre des Arts Visuels et nouveaux Médias de Casablanca) e do Festival International du Film de l’Etudiant (FIFE). Así mesmo, é conselleiro artístico do ciclo de formación e produción “Interactions” iniciado polo banco Attijariwafa.
O FIAV acolle obras de diversas disciplinas: vídeo, artes escénicas, música electrónica, danza, creación sonora e os novos medios. Organizado desde Irisson (Centro de arte visual, electrónica e multimedia), o festival aspira a consolidarse como espazo de produción, promoción e difusión da creación contemporánea, creando sinerxias entre os artistas marroquís e os seus homólogos internacionais.

Aida Vallejo

Aida Vallejo é profesora de teoría e práctica de cine documental na Universidade do País Vasco (UPV/EHU). É especialista en cine documental de creación e festivais cinematográficos, áreas na que traballou como crítica, guionista, consultora, investigadora e docente.
Membro de comisións de selección de documentais (para o foro Lau Haizetara do Zinemaldia e o Festival Cine Invisible de Bilbao, ou a deputación de Bizkaia) e xurado de varios festivais internacionais.
Co-editora dos libros Documentary Film Festivals Vol.1 e Vol.2 e Film Festivals and Anthropology e de numerosos artículos científicos sobre cine documental, festivais de cine, etnografía/antropoloxía dos medios e narratoloxía). Escribe críticas de cine e noticias sobre documentalaquí

Investigadora principal do proxecto ikerFESTS (sobre festivais en Euskal Herria) e fundadora e coordinadora do Documentary Work-group da European Network for Cinema and Media Studies (NECS).
É tamén profesora e investigadora visitante de universidades europeas como St Andrews University e University of Glasgow (Escocia), FAMU (Praga) e Masaryk University (República Checa), CEU (Budapest) ou Aristotle University (Tesalónica, Grecia).
Finalmente, é a coordinadora dos premios universitarios da Academia do cine Europeo en España. European University Film Award.

Co apoio de: