Mesa Colectiva

A situación da arte no contexto da pandemia

A Colectiva – Asociación Profesional de Artistas de Galicia, nace coa vontade de dar unha voz á comunidade contemporánea de artistas nados en Galicia ou que desenvolven a súa actividade neste territorio. Algúns dos nosos obxectivos son fortalecer o tecido profesional, analizar o sistema produtivo ou xerar coñecemento específico para o sector artístico e cultural.
Na Mesa Colectiva desta edición tratarase a situación da arte no contexto da pandemia en diálogo con Alejandro Romero (Xefe de Actividades Culturais e Audiovisuais), Chema González (coordinador do Pabellón de España na Bienal de Venecia) e Leonor Lloret (comisaria en Appleton Square). Moderará a artista Ruth Montiel, vogal de A Colectiva.

Leonor Lloret

Leonor Lloret (Lisboa, 1981) é licenciada en Historia da Arte pola Facultade de Letras da Universidade de Lisboa e a Università degli Studi di Roma “La Sapienza” (2000-2005). Pos-graduada en Xestión de Mercados de Arte por INDEG/ISCTE (2007-2008).
Investigadora – conservadora, incorporada ao Grupo de investigación Museum da Universidade de Sevilla e posteriormente ao Servizo de Conservación de Patrimonio Histórico Artístico da Universidade de Sevilla (2008-2013).
Responsable pola conservación, catalogación e inventario do libro antigo da Colección de Frei Manuel do Cenáculo, séculos XVI-XVIII, da Biblioteca Pública de Évora (2010-2011).
Dende 2014 adícase á arte contemporánea, formando parte do equipo de traballo do espazo cultural-artístico Appleton Square. En 2018 colabora no cambio xurídico para asociación sen fins lucrativos como asociada fundadora, quedando responsable pola área de Estratexia e Desenvolvemento. Xunto a Vera Appleton, programa o espazo apostando nas itinerancias, intercambios e relacións con institucións pares e artísticas portuguesas e internacionais. En 2021 emprende o programa Appleton 7, adicado a cine e vídeo-arte.

Ruth Montiel

Ruth Montiel Arias. Palmeira (A Coruña) 1977. Graduada en Artes Aplicadas pola Escola Superior de Artes Pablo Picasso na Coruña. Realizou o Máster de Fotografía Concepto e Creación EFTI, Madrid e o Máster de Identidade Corporativa na Escola Superior de deseño Elisava, Barcelona.
Os seus proxectos personais investigan a relación humana co territorio natural e os seus conflitos derivados da dominación e opresión animal, ambiental e social. A súa obra foi exposta en institucións culturais como o Centro Cultural de España en Lima (Perú), Landkreis Galerie en Alemaña ou a Fundación Casa de Mono en Cali (Colombia). En ámbito nacional o seu traballo puido verse en La Casa Encendida, Matadero, a Fundación Cristina Enea en Donostia, MAC en A Coruña, Cidade da Cultura en Santiago de Compostela, así como en galerías nacionais como Galería Cero, Galería Liebre, La New Gallery ou Noestudio en Madrid, e internacionais como a galería Moproo en Shanghai, China. O seu traballo foi seleccionado en distintos certames de arte, así como en bolsas e residencias artísticas nacionais e internacionais como Futures Photography 2020 (Photoespaña), Resident Cultura 2020, Best Photo Essay Lifestyle of the Ottawa International Vegan Film Festival 2019, entre moitas outras.

Chema González

Programador, comisario e traballador cultural, explorou as relacións entre a arte contemporánea e a imaxe en movemento e ten realizado unha ampla programación audiovisual no campo do ensaio fílmico, do documental político, do cinema experimental e do cinema de autor no Museo Reina Sofía, centro cuxa programación de cine e vídeo dirixe dende 2012. Como eixos neste traballo: recuperar olladas silenciadas que reescriban as historias do cinema, conectar a práctica fílmica cun espazo político e teórico comprometido e entender o cinema como unha arte determinante para transformar a nosa construcción e interpretación do mundo. Na actualidade é xefe de actividades culturais e audiovisuais do Museo Reina Sofía, institución na que, xunto ao cinema, desenvolve un amplo e transversal programa de debate crítico.

Alejandro Romero

Alejandro Romero (Granada 1968) é Licenciado en Belas Artes pola Universidade de Granada.
Estudou o seu posgrao nas universidades de París e Venecia, especializándose en escenografía de museos, así como en xestión cultural.
Dende 1999 e ata a actualidade é o Coordinador do Pabellón Español da Bienal de Venecia tanto para as edicións de Arte Contemporáneo como para as de Arquitectura.
Tamén e dende o 2003 é Técnico de Artes Visuais no Departamento de Cooperación e Promoción Cultural da Axencia Española de Cooperación para o Desenvolvemento, do Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación, para os Centros Culturais de España no exterior, así como para as embaixadas de España.

Co apoio de: