Video-Nou

bio

Video-Nou foi un colectivo creado a partir das Jornadas de Vídeo organizadas polo CAIC (Buenos Aires), que tiveron lugar a principios de 1977 na Fundación Joan Miró de Barcelona. Os membros do colectivo, integrado en parte por ex-alumnos do curso CIPLA do Instituto do Teatro de Barcelona, procedían dos ámbitos do periodismo, a socioloxía, a ensinanza, a fotografía, a arquitectura, a arte e o deseño –máis tarde sumáronse outros procedentes do urbanismo, a antipsiquiatría e as artes escénicas–. Exploramos os diversos campos de aplicación do vídeo: social, artístico, documental, educativo e profesional. A actividade de Video-Nou foise centrando na práctica da comunicación horizontal, bidireccional e participativa, no ámbito do que entón se coñecía como «animación sociocultural»: no noso caso, producindo vídeos elaborados coa participación directa dos propios interesados que se difunden inmediatamente no seu contexto específico e que denominaban «intervención vídeo».
A principios de 1979, Video-Nou constitúese en equipo xestor do Servei de Vídeo Comunitari, concebido con vontade de servizo público, en marzo de 1979 organiza as primeiras Xornadas de Vídeo Comunitario no Colexio de Arquitectos de Cataluña, e inicia as súas actividades co soporte do Instituto do Teatro en xulio de 1979, primeiramente como a Sociedade Civil non lucrativa e máis tarde como Cooperativa, unha experiencia que durou ata o ano 1983. O obxectivo central do Servei de Vídeo Comunitari foi difundir e promover a utilización do vídeo como medio de comunicación e de dinamización social, cultural, educativa e informativa da vida comunitaria. Formouse a máis de trescentas persoas, mantivéronse contactos de información e de distribución coa red internacional de centros dedicados á comunicación descentralizada e horizontal, e tamén contribuimos críticamente á expansión do vídeo e da televisión local.
Durante seis anos (1977-1983) o grupo participou nos acontecementos históricos que se produciron en Cataluña e España: «a transición» política, os movementos e as loitas sociais urbanas e os cambios culturais e tecnolóxicos.
O arquivo de Video-Nou / Servei de Vídeo Comunitari foi recuperado (cunha parte xa restaurada) grazas ao Museu d’Art Contemporani de Barcelona (MACBA) e a raíz da exposición Desacuerdos (2005).

Colectivo Video-Nou: Carles Ameller, Genis Cano, Albert Estival, Xefo Guasch, Marga Latorre, Pau Maragall, Luisa Ortínez, Lluïsa Roca, Joan Úbeda. Servei de Vídeo Comunitari: Francesc Albiol, Carles Ameller, Esteban Escobar, Albert Estival, Núria Font, Marga Latorre, Pau Maragall, Maite Martínez, Lluïsa Roca, Josep Ma. Rocamora, Joan Úbeda.

Hamaca

Hamaca presenta en INTERSECCIÓN da man da súa directora Eli Lloveras unha selección de obras creadas entre 1984 e 2020 por autoras españolas. Os títulos que conforman este programa son 127 bofetadas, Cuerpos #1 Santa Águeda e Los jóvenes del barrio.

Domingo 31 oct | 19:30 – 21:00h

Fundación Luís Seoane

Co apoio de: