Mirari Echévarri

bio

Artista visual e educadora. Licenciouse en Belas Artes pola Universidade do País Vasco e recentemente realizou o Máster en Xénero, Media e Cultura na Universidade de Goldsmiths (Londres). Alí centrou a súa investigación no arquivo da Women’s Art Library. A súa primeira peza audiovisual, Cuerpos #1 Santa Águeda (2017), foi proxectada nos festivais de cine feminista de Londres e Dublín, no festival de cine internacional Porto/Post/Doc, así como no marco das exposicións Yo, la peor de todas (Pamplona), Nueva Sinceridad (Madrid), Allegoria total (Markina-Xemein) e no programa “Nuevas Creaciones” de #TabakaleraEtxean.

Hamaca

Hamaca presenta en INTERSECCIÓN da man da súa directora Eli Lloveras unha selección de obras creadas entre 1984 e 2020 por autoras españolas. Os títulos que conforman este programa son 127 bofetadas, Cuerpos #1 Santa Águeda e Los jóvenes del barrio.

Domingo 31 oct | 19:30 – 21:00h

Fundación Luís Seoane

Co apoio de: