Elena Lasala

bio

Traballadora cultural e investigadora especializada en arquivos e artes visuais, é graduada en Historia da Arte pola UB. Actualmente é responsable de arquivo de Hamaca, plataforma audiovisual que dende 2008 conserva, difunde e activa o patrimonio de vídeo a nivel estatal. Tras traballar en xestión e investigación a nivel institucional e independente, estuda un máster en Arte Contemporáneo e Cultura Visual (UAM + MNCARS), onde colabora co dpto. de Actividades Públicasy Cine – Museo en Rede do Reina Sofía. Dende 2018 coordina e forma parte do Institute of Radical Imagination, rede a escala mediterránea sobre pensamento e acción poscapitalista. Ten traballado en Hablarenarte, coordinando proxectos europeos e xestionando o espazo de residencias artísticas Planta Alta. Participa en grupos de investigación e curaduría colectiva e activista, como Archivos Comunes, Raising Care ou CLTVVA, que involucran prácticas de memoria, feminismos e tramados urbanos afectivos.

Hamaca

Hamaca presenta en INTERSECCIÓN da man da súa directora Eli Lloveras unha selección de obras creadas entre 1984 e 2020 por autoras españolas. Os títulos que conforman este programa son 127 bofetadas, Cuerpos #1 Santa Águeda e Los jóvenes del barrio.

Domingo 31 oct | 19:30 – 21:00h

Fundación Luís Seoane

Co apoio de: