Hamaca

[BIO] 

Eli Lloveras é licenciada en Belas Artes. Membro da produtora cultural YProductions, coa cal desenvolveu varios proxectos vencellados á produción, xestión, investigación e formación no ámbito da cultura.+

[TXT] 

Na presente edición de INTERSECCIÓN, Hamaca presenta un programa heteroxéneo, no que se intercalan violencia, fantasía, plasticidade, historia, e visión crítica do social.
 
Se pueden trazar diferentes líneas que atraviesan todas las piezas, destacando, tal vez, la corporalidad. +

154 bofetadas

Jana Leo

Vídeo | Son | Cor | 2020

[OBRA] 

Esta peza pode ser un exemplo da sensación ferinte cando nunha relación
a inseguridade da outra persoa, transfórmase nunha agresión cara quen está segura dos seus sentimentos; tamén se sente así un cando torna, de novo, a pesar de todo, a velo, aínda que a parella, outra vez, ningunéao, ben por falta de tacto, por falta de consideración ou por excesiva confianza en que o amor pódeo todo.
Esta peza pode ser usada para expresar a sensación de frustración que mina o día a día cós trámites interminables cada vez máis inmersos na vida. E a desesperación extrema cando se está loitando con papeleos cuxos requisitos burocráticos excesivos reventan a paciencia e rozan o absurdo.
Hai unha forma máis letal que a burocracia na que se distorsiona a relación entre o individuo e o estado: a neglixencia, a falta de cuidado. Este video feito no día 16 de Xaneiro do 2020 coincidindo co ano novo chino e o primeiro brote de CORONAVIRUS en Wuhan, China, podería servir como unha ilustración do que cada un dos políticos debería facerse a sí mesmo despois da súa renuncia, tras a maneira pésima na que moitos manexaron a pandemia.
Un individuo (ou institución) que destrúe as fibras internas doutro individuo con suma facilidade, parece dicirlle que a maneira natural de reaccionar é asumir, sen máis, o que está sucedendo. Este vídeo trata de relatar a crueldade inherente neste proceso.

[BIO] 

Jana Leo (Madrid, 1965) é doutora en Filosofía e Letras, Máster en Teoría da Arte e Estética pola Universidade Autónoma de Madrid e Máster en Arquitectura pola Universidade de Princeton en E.E.U.U. +

Cuerpos #1 Santa Águeda

Mirari Echávarri López

Vídeo HD | Son | Cor | 11’ 43’’ | 2017

[OBRA] 

Cuerpos #1 Santa Águeda parte do encontro da autora cun cadro renacentista pertencente á colección permanente do Museo de Navarra. O retablo representa o martirio de Santa Águeda, unha moza devota de Catania que aceptou morrer pola fe cristiana.
Neste ensaio audiovisual, o tacto aparece primeiro en forma de visualidade háptica, unha imaxe táctil que convirte a pintura en carne ou pel; o cadro en corpo. Esta aproximación rompe coa distancia convencional de contemplación estética, diluíndo os límites entre suxeito que observa e obxecto observado, e posibilitando un contaxio mutuo.
A película combina teoría crítica e experiencia vivida nun ensaio heterodoxo atravesado pola subxectividade da propia autora, o corpo, os afectos, o folklore e o feminismo.

[BIO] 

Artista visual e educadora. Licenciouse en Belas Artes pola Universidade do País Vasco e recentemente realizou o Máster en Xénero, Media e Cultura na Universidade de Goldsmiths (Londres). +

Los jóvenes de barrio

Video-Nou

Vídeo | Son | Cor | 39’ | 1983

[OBRA] 

Documental sobre a vida da xuventude do barrio de Canyelles de Barcelona.
As rapazas falan da escola, o traballo e o paro, do ocio, as drogas e a delincuencia. Tamén falan da relación entre mozos e mozas, da aprendizaxe do catalán, a música, o vídeo e o cárcere. Despois dunha breve introdución ao vídeo as rapazas, motivadas pola novidade do medio, entrevistan ás súas amizades.
Tamén dan a súa opinión catro nais con diferentes situacións familiares.

[COLECTIVO] 

Video-Nou foi un colectivo creado a partir das Jornadas de Vídeo organizadas polo CAIC (Buenos Aires), que tiveron lugar a principios de 1977 na Fundación Joan Miró de Barcelona. +

Hamaca

Hamaca presenta en INTERSECCIÓN da man da súa directora Eli Lloveras unha selección de obras creadas entre 1984 e 2020 por autoras españolas. Os títulos que conforman este programa son 127 bofetadas, Cuerpos #1 Santa Águeda e Los jóvenes del barrio.

Domingo 31 oct | 19:30 – 21:00h

Fundación Luís Seoane

Co apoio de: