Santiago Talavera

bio

Santiago Talavera estudou Belas Artes na Universidade Complutense de Madrid, incluíndo unha beca dun ano no Camberwell College of Arts de Londres. O seu traballo foi premiado coa mellor exposición no recente Abierto Valencia 2021 e co primeiro premio da XII Mostra Internacional de arte Gas Natural Fenosa, entre outros. Realizou exposicións individuais en museos como CEART – Centro de Arte Tomás y Valiente e en galerías acionais. A súa obra foi exposta individual e colectivamente en diversas institucións, entre elas La Casa Encendida, Centro Centro e Real Academia de Bellas Artes de San Fernando de Madrid, Instituto Cervantes de Chicago, así como diversas ferias de arte contemporáneo a nivel internacional. O eixe central da obra de Santiago Talavera é a reflexión sobre a condición humana a través da investigación da paisaxe e as súas posibilidades simbólicas, narrativas e espaciais.

Galicia

Para a sección galega do festival apostamos por unha selección heteroxénea en canto a estilos, formatos e perfís, perseguindo os rastros dunha cartografía do habitado que se proxecta dende o dixital, o distópico, o íntimo, o físico e o cultural.

Venres 29 outubro | 21:00 – 22:30h

Fundación Luís Seoane