Sabela Eiriz

bio

Artista visual cuxos medios principais son a fotografía, o vídeo e o texto. Mergullada no tempo, na identidade e na memoria, traballa dende a emoción, o conceptual e o poético.
Graduada en Comunicación Audiovisual e nos mestrados en Fotografía e en Estudos Comparados. Lucense afincada na Coruña, actualmente realiza a súa tese de doutoramento en artes e educación e traballa como docente, fotógrafa e creadora audiovisual.
Sabela fala do que coñece e do que vive: o seu traballo responde directamente ao ambiente que a rodea e baséase na experiencia persoal e nas emocións como detonantes ou puntos de partida.

Galicia

Para a sección galega do festival apostamos por unha selección heteroxénea en canto a estilos, formatos e perfís, perseguindo os rastros dunha cartografía do habitado que se proxecta dende o dixital, o distópico, o íntimo, o físico e o cultural.

Venres 29 outubro | 21:00 – 22:30h

Fundación Luís Seoane