Ruth Montiel

bio

Ruth Montiel Arias. Palmeira (A Coruña) 1977. Graduada en Artes Aplicadas pola Escola Superior de Artes Pablo Picasso na Coruña. Realizou o Máster de Fotografía Concepto e Creación EFTI, Madrid e o Máster de Identidade Corporativa na Escola Superior de deseño Elisava, Barcelona.
Os seus proxectos personais investigan a relación humana co territorio natural e os seus conflitos derivados da dominación e opresión animal, ambiental e social. A súa obra foi exposta en institucións culturais como o Centro Cultural de España en Lima (Perú), Landkreis Galerie en Alemaña ou a Fundación Casa de Mono en Cali (Colombia). En ámbito nacional o seu traballo puido verse en La Casa Encendida, Matadero, a Fundación Cristina Enea en Donostia, MAC en A Coruña, Cidade da Cultura en Santiago de Compostela, así como en galerías nacionais como Galería Cero, Galería Liebre, La New Gallery ou Noestudio en Madrid, e internacionais como a galería Moproo en Shanghai, China. O seu traballo foi seleccionado en distintos certames de arte, así como en bolsas e residencias artísticas nacionais e internacionais como Futures Photography 2020 (Photoespaña), Resident Cultura 2020, Best Photo Essay Lifestyle of the Ottawa International Vegan Film Festival 2019, entre moitas outras.

Galicia

Para a sección galega do festival apostamos por unha selección heteroxénea en canto a estilos, formatos e perfís, perseguindo os rastros dunha cartografía do habitado que se proxecta dende o dixital, o distópico, o íntimo, o físico e o cultural.

Venres 29 outubro | 21:00 – 22:30h

Fundación Luís Seoane