Carme Nogueira

bio

Carme Nogueira (Vigo, 1970) é artista multidisciplinar e investigadora. Ten traballado sobre os procesos de subxectivación e a función normalizadora dos espazos a través da investigación artística. Mediante dispositivos espaciais e accións no espazo público, soe implicar a espectadores e colaboradores nas súas propostas. Nesta liña, algúns dos seus proxectos específicos son: Nos Camiños (CGAC, Santiago de Compostela, 2006-2007), Rotterdamweg (Het Wilde Weten, Róterdam, 2009), Porteños (VÄLPARAÍSO INterVENCIONES, Chile 2010), Bewegtcentrum, el centro en desplazamiento (Beca de Artes Plásticas Fundación Botín, 2010-2011), Castillete, retablo minero (MUSAC, León, 2012), Citoyenneté I e II (Montehermoso, Vitoria-Gasteiz, 2012 e Pavillon Vendôme, París, 2014), A propósito de Alvão (Kubikgallery, Oporto, 2017), Vida gallega (CentroCentro, Madrid, 2018), Noticias Ordinarias del Norte (Nuevo Baztán, Madrid, 2018), Pinofranqueado por los niños (Pinofranqueado e Cáceres, 2019) e Tenerife (TEA, Tenerife, 2020). Entre os seus “dispositivos de sala” —concepcións espaciais e museográficas específicas para exposicións— poden destacarse aqueles realizados para as mostras ¡Aquí y ahora! de Erreakzioa-Reacción (Sala Rekalde, Bilbao, 2008), Contenedor de Feminismos (Casa-Museo Emilia Bazán, Coruña e Villagarcía, Bilbao e León 2009-2014), Archivacción (Bienal de Pontevedra, 2010), Anarchivo sida (Tabakalera, Donosti, 2016 e Centro Conde Duque, Madrid 2017) e Brieven uit Spanje (Stedelijk Museum Breda, Breda, 2020) entre outros. É autora do libro La representación como puesta en escena: para una teoría de la mirada (Alfons el Magnanim, Valencia, 2001).

Galicia

Para a sección galega do festival apostamos por unha selección heteroxénea en canto a estilos, formatos e perfís, perseguindo os rastros dunha cartografía do habitado que se proxecta dende o dixital, o distópico, o íntimo, o físico e o cultural.

Venres 29 outubro | 21:00 – 22:30h

Fundación Luís Seoane