Alejandra Pombo

bio

Alejandra Pombo Su (Santiago de Compostela, 1979). Licénciase en Artes Visuais na Facultade de Belas Artes da Universidade Complutense de Madrid. Amplía os seus estudos académicos en Barcelona realizando o máster en Artes Dixitais da Universidade Pompeu Fabra e cursando o PEI (Programa de Estudos Independentes) impartido polo MACBA. Doutora en Belas Artes cunha tese sobre os paradoxos e efectos da introducción da noción de performance no campo da arte, o seu traballo como artista móvese en diferentes medios, caracterizándose por unha busca dunha nova narrativa emocional vinculada ao que chama perencuentro, que se centra nas relacións e as súas complexidades.
Participou en proxectos como What is Third na Casa Encendida (2015); Primer Proforma (MUSAC, 2010); e Mugatxoan (2004-2009) na Laboral, a Fundação Serralves e Arteleku. Tamén realizou residencias en I-Park Foundation (Connecticut, EE.UU.), Atlantic Center for the Arts (Florida, EE.UU.), PACT-Zollverein (Essen, Alemania), La Casa Encendida, o CA2M, o Ranchito en Matadero Madrid, e no MAC na Coruña entre outras. Actualmente atópase desenvolvendo o seu proxecto Un solo animal co apoio das Residencias Artísticas FMJJ na Normal en A Coruña.

Galicia

Para a sección galega do festival apostamos por unha selección heteroxénea en canto a estilos, formatos e perfís, perseguindo os rastros dunha cartografía do habitado que se proxecta dende o dixital, o distópico, o íntimo, o físico e o cultural.

Venres 29 outubro | 21:00 – 22:30h

Fundación Luís Seoane