Acacia Ojea

bio

Con formación musical clásica, Acacia Ojea (Vigo, 1994) gradúase en Belas Artes en 2017. Traballa no sector cultural en cidades como Marsella (Fr) e Porto (Pt) dentro do ámbito das artes vivas e o cine e instálase en Madrid onde realiza os seus estudos de posgrado en Creación Audiovisual Contemporánea en Master LAV. Este último ano acaba o máster de Composición Electroacústica e Novos Medios do Centro Superior de Ensinanzas Musicais KG de Madrid mentres continúa co seu proxecto de djing e investigación dentro da electrónica experimental e a música deconstruída. A súa investigación artística xira en torno á linguaxe fílmica, á creación sonora e as redes semióticas propias do contexto dixital. Acacia foi xurado xove de festivais como o Punto de Vista de Pamplona (2020) o Curtocircuíto de Compostela (2021) e algúns dos seus traballos foron seleccionados en mostras artísticas como no certame Novos Valores de Pontevedra (2017), no Ciclo DOCMA da Cineteca do Matadero de Madrid (2021) ou na radio do Centro de Arte Sonoro de Bos Aires (2021).

Galicia

Para a sección galega do festival apostamos por unha selección heteroxénea en canto a estilos, formatos e perfís, perseguindo os rastros dunha cartografía do habitado que se proxecta dende o dixital, o distópico, o íntimo, o físico e o cultural.

Venres 29 outubro | 21:00 – 22:30h

Fundación Luís Seoane