Félix Fernández

[BIO] 

Na práctica artística de Félix Fernández a investigación sobre contidos é sempre unha prioridade, aos que se adapta a forma reforzando a mensaxe, en constante comunicación e empatía co espectador, nunha búsqueda de ser un espello onde o público se sinta reflectido.+

[TXT] 

“Percorro o camiño que me leva a min mesmo”. 

Neste foco internámonos, seguindo o escintileo das videocreacións, nun pequeno tramo do camiño que se dirixe ás profundidades de Félix Fernández como creador e como persona. +

Tiempo revisitado 3

— Estrea mundial —

DV PAL | Son | Cor | 3’ 40’’ | 1996-2005

Recuperación de material caseiro, cando todavía non existía Youtube, nin Instagram no que Félix Fernández grávase bailando na súa habitación sendo adolescente. Este traballo forma parte da serie Tempos revisitados nos que o autor dialoga có seu pasado, cunhas imaxes que non naceron coa vontade de ser amosadas ao público, pero que revisadas dende o presente propóñensenos como intuicións autobiográficas sobre un futuro próximo.

Deconstrucción de principios pop

DV PAL | Son | Cor | 3’ 50’’ | 2002

Realizar unha acción pública adoita requirir certo ensaio preliminar para vencer o medo ou a inseguridade. Estes ensaios están dirixidos por unhas pautas de comportamento convencionais: partimos polo xeral dunha idea estereotipada da acción e intentamos repetila según as nosas posibilidades. Que pasaría se solapásemos tódolos ensaios desa acción e os vísemos todos xuntos, uns enriba doutros? Este vídeo reflexiona sobre como se constrúe a cultura pop e amósanos dende un lugar experimental e estético a fraxilidade sobre a que se constrúe a idea de perfección na cultura de masas.

Planta 23; 03:45

Vídeo HD | Son | Cor | 4’ 40’’ | 2009

Planta 23, 03:45 é unha reflexión que pon ao ser humano fronte á súa propia creación, un mundo ultracivilizado que amplifica a súa desconexión coa súa esencia natural.
Este vídeo está inspirado nas películas Solaris (1972) de Andrei Tarkovsky e Lost in translation (2003) de Sofía Coppola, que como ésta última, ten sido grabada nun hotel de Tokio ubicado nun rañaceos onde é posible contemplar toda a cidade dende a xanela.
Un traballo audiovisual que nos sitúa fronte á incomunicación e ao illamento como conceptos irremediablemente presentes na nosa cultura contemporánea.

Composición en forma de escape para 4 dispositivos móbiles e un monte

— Estrea mundial —

Vídeo HD | Son | Cor | 7’ 51’’ | 2014

Traballo interdisciplinar que mestura performance, vídeo e vídeo en streaming para reflexionar sobre a posibilidade do individuo de escapar da deriva do mundo contemporáneo en relación coa súa dependencia coa tecnoloxía, as redes sociais, a documentación exacerbada de todo o que nos arrodea e o seu sometemento ao mundo da imaxe e o espectáculo.
Esta proposta artística incide na posibilidade real do individuo contemporáneo de retirarse de todo contacto co tecnolóxico, e en consecuencia da xeración, consumo e comunicación de imaxes.
Vivimos nunha era que, como xa dixo o filósofo e antropólogo alemán Feuerbach en 1843 en A esencia do cristianismo, «prefire a imaxe á cousa, a copia ao orixinal, a representación á realidade, a apariencia ao ser». Este presentimento foi escrito poucos anos despois da invención da cámara fotográfica intuíndo o impacto que podería ter no social; O noso día a día construíuse baixo estas premisas que có auxe das telecomunicacións e a era dixital fixeron que o noso estilo de vida esté completamente mediatizado polo mundo da imaxe.

Happytime

— Estrea galega —

Vídeo HD | Son | Cor | 11’ 49’’ | 2017

Os sete capítulos que compoñen esta obra de foundfootage amósannos de forma caleidoscópica e colorista un material que nos fala sobre un dos grandes temas do ser humano, a búsqueda da felicidade. Poden convivir nunha mesma obra toda a documentación audiovisual de “a morte do cisne” de Maya Plisetskaya, un loro que non para de chiar “Aquí e agora” e a tenrura dos Teletubbies dando unha lección sobre violencia de xénero?
Happytime está articulado coma se dun manual de autoaxuda se tratase e, xunto con outras obras anteriores de Félix Fernández como Primetime, Dreamtime e Shocktime conforman a serie Times.

inter-

DV PAL | Son | Cor | 1’ 45’’ | 2001

Esta obra foi unha colaboración de Félix Fernández co seu irmán Xavier Fernández.
Ésta reflexiona sobre os límites da identidade individual e as relacións de interdependencia.

Cólleme da man e lévame a algún lugar interesante, algunha desas insólitas paraxes que ti coñeces e que a min tanto me desconcertan.
Contradi as miñas palabras e cuestiona os meus gustos.
Chegaremos a un acordo lóxico onde o teu pensamento radical se fusione coas miñas flexibles estruturas.
Concertemos unha cita con algo nin teu nin meu, ou senón mellor, con algo que ti nin eu coñezamos, algo moi exótico e do que nos poidamos impregnar.
Comparte conmigo a túa opinión que eu che direi os meus máis ocultos desexos.
Escolleches un bonito momento para estar comigo: contareiche as miñas peores experiencias.
Non será difícil que me entendas, coñécesme moi ben.
Aprende do que eu rexeito e eu aferrareime aos teus pensamentos máis vagos.

Ensaio nº1: sobre a creación

— Estrea galega —

DV PAL | Son | Cor | 5’ 20’’ | 2004

Mediante a libre asociación de imaxes, conceptos, movemento e son Félix Fernández elabora un discurso sobre a creación. Propón unha construción movida pola intuición e polos sentimentos.
Este traballo está articulado como unha resposta a unha situación mediática, na que unha rapaza en plena adolescencia ten unha crise nerviosa en medio dun casting televisado.
Subxace nesta crise unha maneira de concibir o que é ser artista como un tópico no que éste/ésta é unha estrela mediática e sempre se encontra nun estado de visibilidade constante, amosando sempre o que os demais esperan del/ela. E o autor como resposta constrúe un momento intimista, no que se deixa levar pola música na súa habitación e van aparecendo imaxes superpostas que funcionan como elipses mentais, que reforzan o contido da acción.
Ensayo nº1: sobre la creación é unha declaración de principios sobre o que é para Félix Fernández ser artista.

ICH ALLEIN AUF FREMDEN WEGEN (Eu en camiños alleos)

Vídeo HD | Son | Cor | 6’ | 2010-11

Este vídeo, grabado nun Berlín estival, fálanos da adaptación do ser humano a un entorno descoñecido e de como a identidade amóldase a patróns que non son propios para sentirnos integrados. Para iso propóñense distintas partes conceptuais que nos guían neste proceso adaptativo: contemplación, participación, control, repetición e descoñecemento.
Neste traballo o autor convértese en intérprete e narrador, e fai ao espectador
cómplice dos seus pensamentos en relación co que o arrodea, aínda que finalmente desvela un segredo que fará que todo o dito durante o vídeo cambie de sentido. O vídeo profundiza na identidade do inmigrante, na conciencia da diferenza e a inclusión ou exclusión dentro do grupo dominante.

Materialización para a eternidade

Vídeo HD | Son | Cor | 6’ 14’’ | 2013

Materialización para la eternidad aborda a construcción intencionada e artificial dun icono vivo onde a súa protagonista remítenos directamente ás características comúns doutras personaxes icónicas como son: a documentación exacerbada da súa imaxe e a súa permanencia no tempo, a motivación de trascender máis alá da súa vida e a necesidade de dar un sentido elevado á súa existencia a través da súa imaxe e os seus actos, todo iso como un documento de vídeo coa apariencia dunha narración retro-futurista.

Tiempo revisitado 3

— Estrea mundial —

DV PAL | Son | Cor | 3’ 40’’ | 1996-2005

Recuperación de material caseiro, cando todavía non existía Youtube, nin Instagram no que Félix Fernández grávase bailando na súa habitación sendo adolescente. Este traballo forma parte da serie Tempos revisitados nos que o autor dialoga có seu pasado, cunhas imaxes que non naceron coa vontade de ser amosadas ao público, pero que revisadas dende o presente propóñensenos como intuicións autobiográficas sobre un futuro próximo.

inter-

DV PAL | Son | Cor | 1’ 45’’ | 2001

Esta obra foi unha colaboración de Félix Fernández co seu irmán Xavier Fernández.
Ésta reflexiona sobre os límites da identidade individual e as relacións de interdependencia.

Cólleme da man e lévame a algún lugar interesante, algunha desas insólitas paraxes que ti coñeces e que a min tanto me desconcertan.
Contradi as miñas palabras e cuestiona os meus gustos.
Chegaremos a un acordo lóxico onde o teu pensamento radical se fusione coas miñas flexibles estruturas.
Concertemos unha cita con algo nin teu nin meu, ou senón mellor, con algo que ti nin eu coñezamos, algo moi exótico e do que nos poidamos impregnar.
Comparte conmigo a túa opinión que eu che direi os meus máis ocultos desexos.
Escolleches un bonito momento para estar comigo: contareiche as miñas peores experiencias.
Non será difícil que me entendas, coñécesme moi ben.
Aprende do que eu rexeito e eu aferrareime aos teus pensamentos máis vagos.

Deconstrucción de principios pop

DV PAL | Son | Cor | 3’ 50’’ | 2002

Realizar unha acción pública adoita requirir certo ensaio preliminar para vencer o medo ou a inseguridade. Estes ensaios están dirixidos por unhas pautas de comportamento convencionais: partimos polo xeral dunha idea estereotipada da acción e intentamos repetila según as nosas posibilidades. Que pasaría se solapásemos tódolos ensaios desa acción e os vísemos todos xuntos, uns enriba doutros? Este vídeo reflexiona sobre como se constrúe a cultura pop e amósanos dende un lugar experimental e estético a fraxilidade sobre a que se constrúe a idea de perfección na cultura de masas.

Ensaio nº1: sobre a creación

— Estrea galega —

DV PAL | Son | Cor | 5’ 20’’ | 2004

Planta 23; 03:45

Vídeo HD | Son | Cor | 4’ 40’’ | 2009

Planta 23, 03:45 é unha reflexión que pon ao ser humano fronte á súa propia creación, un mundo ultracivilizado que amplifica a súa desconexión coa súa esencia natural.
Este vídeo está inspirado nas películas Solaris (1972) de Andrei Tarkovsky e Lost in translation (2003) de Sofía Coppola, que como ésta última, ten sido grabada nun hotel de Tokio ubicado nun rañaceos onde é posible contemplar toda a cidade dende a xanela.
Un traballo audiovisual que nos sitúa fronte á incomunicación e ao illamento como conceptos irremediablemente presentes na nosa cultura contemporánea.

ICH ALLEIN AUF FREMDEN WEGEN (Eu en camiños alleos)

Vídeo HD | Son | Cor | 6’ | 2010-11

Este vídeo, grabado nun Berlín estival, fálanos da adaptación do ser humano a un entorno descoñecido e de como a identidade amóldase a patróns que non son propios para sentirnos integrados. Para iso propóñense distintas partes conceptuais que nos guían neste proceso adaptativo: contemplación, participación, control, repetición e descoñecemento.

Neste traballo o autor convértese en intérprete e narrador, e fai ao espectador
cómplice dos seus pensamentos en relación co que o arrodea, aínda que finalmente desvela un segredo que fará que todo o dito durante o vídeo cambie de sentido. O vídeo profundiza na identidade do inmigrante, na conciencia da diferenza e a inclusión ou exclusión dentro do grupo dominante.

Composición en forma de escape para 4 dispositivos móbiles e un monte

— Estrea galega —

Vídeo HD | Son | Cor | 7’ 51’’ | 2014

Traballo interdisciplinar que mestura performance, vídeo e vídeo en streaming para reflexionar sobre a posibilidade do individuo de escapar da deriva do mundo contemporáneo en relación coa súa dependencia coa tecnoloxía, as redes sociais, a documentación exacerbada de todo o que nos arrodea e o seu sometemento ao mundo da imaxe e o espectáculo.
Esta proposta artística incide na posibilidade real do individuo contemporáneo de retirarse de todo contacto co tecnolóxico, e en consecuencia da xeración, consumo e comunicación de imaxes.
Vivimos nunha era que, como xa dixo o filósofo e antropólogo alemán Feuerbach en 1843 en A esencia do cristianismo, «prefire a imaxe á cousa, a copia ao orixinal, a representación á realidade, a apariencia ao ser». Este presentimento foi escrito poucos anos despois da invención da cámara fotográfica intuíndo o impacto que podería ter no social; O noso día a día construíuse baixo estas premisas que có auxe das telecomunicacións e a era dixital fixeron que o noso estilo de vida esté completamente mediatizado polo mundo da imaxe.

Materialización para a eternidade

Vídeo HD | Son | Cor | 6’ 14’’ | 2013

Materialización para la eternidad aborda a construcción intencionada e artificial dun icono vivo onde a súa protagonista remítenos directamente ás características comúns doutras personaxes icónicas como son: a documentación exacerbada da súa imaxe e a súa permanencia no tempo, a motivación de trascender máis alá da súa vida e a necesidade de dar un sentido elevado á súa existencia a través da súa imaxe e os seus actos, todo iso como un documento de vídeo coa apariencia dunha narración retro-futurista.

Happytime

— Estrea galega —

Vídeo HD | Son | Cor | 11’ 49’’ | 2017

Os sete capítulos que compoñen esta obra de foundfootage amósannos de forma caleidoscópica e colorista un material que nos fala sobre un dos grandes temas do ser humano, a búsqueda da felicidade. Poden convivir nunha mesma obra toda a documentación audiovisual de “a morte do cisne” de Maya Plisetskaya, un loro que non para de chiar “Aquí e agora” e a tenrura dos Teletubbies dando unha lección sobre violencia de xénero?
Happytime está articulado coma se dun manual de autoaxuda se tratase e, xunto con outras obras anteriores de Félix Fernández como Primetime, Dreamtime e Shocktime conforman a serie Times.

Félix Fernández

O foco a Félix Fernández é un percorrido pola extensa carreira do autor, dende as súas obras de xuventude ás realizadas nos últimos anos, trazando unha panorámica sobre o seu imaxinario persoal, o pensamento e as motivacións que están detrás das súas creacións.

Xoves 28 outubro | 16:30 – 18:00h

Fundación Luís Seoane