Félix Fernández

txt

“Percorro o camiño que me leva a min mesmo”. 

Neste foco internámonos, seguindo o escintileo das videocreacións, nun pequeno tramo do camiño que se dirixe ás profundidades de Félix Fernández como creador e como persona. Este percorrido comeza con pezas de xuventude, onde destacan a espontaneidade do cotiá e unha actitude rebelde e vital, que en obras posteriores combínase con novos escenarios e coa aparición dunha performatividade narrativa, onde o guión, en ocasións, vólvese protagonista.

A obra de Félix presenta, a primeira vista, un carácter cáustico, analítico, crítico e irónico. Félix reflexiona sobre o ser humano e todos os seus demos, creando situacións ficticias, a miúdo surreais ou retrofuturistas, onde os corpos sométense a presións socioeconómicas e políticas. A felicidade semella desfacerse continuamente, adiada polo ritmo da contemporaneidade, que implica a alienación psicolóxica e condena ás persoas a un estado de soidade, represión ou fastío.

Sen embargo, baixo as preocupacións do artista faise evidente un carácter de esperanza e afecto. En cada un dos traballos atopamos a propia fraxilidade do autor, que elimina a distancia coas demais e reflexiona, a través do seu propio corpo, sobre aquilo que aflixe e concirne ao humano como ser vulnerable, na busca continua de alivio, de pracer e autorrealización, de liberdade e agarimo. A obra de Félix é comprometida, está chea de valor, de humor, intimidade e afecto e, por iso, abre camiños que deben ser compartidos.

Texto curatorial (por Lara Castro Lema)

Félix Fernández

O foco a Félix Fernández é un percorrido pola extensa carreira do autor, dende as súas obras de xuventude ás realizadas nos últimos anos, trazando unha panorámica sobre o seu imaxinario persoal, o pensamento e as motivacións que están detrás das súas creacións.

Xoves 28 outubro | 16:30 – 18:00h

Fundación Luís Seoane