Mariana Caló e Francisco Queimadela
bio

Mariana Caló e Francisco Queimadela, graduáronse en Pintura na Faculdade de Belas Artes da Universidade do Porto e colaboran como dúo dende 2010. A súa práctica desenvólvese a través dun uso privilexiado da imaxe en movemento, cruzando a instalación e os entornos específicos do lugar, pero tamén a serigrafía, o debuxo, a pintura, a fotografía e a escultura. Expuxeron en espazos como o MAAT de Lisboa ou o Museu de Serralves de Porto e as súas películas proxectáronse en diferentes festivais a nivel nacional e internacional. Vencedores da primera edición do Premio Paulo Cunha e Silva en 2018, e do premio do Festival de Cine Schermo dell’arte en 2013.
Explicación da Luz
Explicación da luz, componse de dous programas comisariados pola investigadora, conservadora e xestora cultural luso-española Leonor Lloret (Appleton Associação Cultural). A primeira é unha sesión colectiva e a segunda está adicada á artista Catarina Vasconcelos, de maneira que xeran entre ambas unha revisión poética e sutil do que nos une ás outras e ao mundo, do fogar e do tempo dende múltiples puntos de vista.
Xoves 28 outubro | 18:30 – 20:00h
Fundación Luís Seoane
Viernes 29 oct | 18:30 – 20:00h
Fundación Luís Seoane