Explicación do tempo

Sesión colectiva

[BIO] 

Leonor Lloret (Lisboa, 1981) é licenciada en Historia da Arte pola Facultade de Letras da Universidade de Lisboa e a Università degli Studi di Roma “La Sapienza” (2000-2005). Pos-graduada en Xestión de Mercados de Arte por INDEG/ISCTE (2007-2008).+

[TXT] 

Vivimos nunha época de incertidume. A pandemia enfrontounos á perda.
A perda da liberdade, a perda do establecido, a perda do espazo, a perda da vida e incluso a perda da morte nos seus rituais e loitos.
+

Plática de una flor

Helena Estrela

— Estrea internacional —

Vídeo | Son | Cor | 2’ 15’’ | 2020

[OBRA] 

Unha película bucólica e artesanal concebida como carta aos meus amigos despois de ler Pedro Páramo de Juan Rulfo.
Filmamos unha conversa entre Lester e unha flor, sen ensaios. Nesta, as palabras destínanse a guiar, e os sons, nados do interior e do exterior do encadre están destinados a distraer. Un ton elévase dende o ceo como se cada flor se unise neste encantamento.

[BIO] 

Helena Estrela é unha artista visual que vive e traballa entre Portugal e España. A súa práctica explora formas de poesía e significados persoais por medio de imaxes en movemento.  + 

Excavando en el desierto

Maria Trabulo

— Estrea internacional —

Vídeo HD | Son | Cor | 13' | 2019

[OBRA] 

Filmada no deserto de Maranjab, cerca de Teherán, Excavando no deserto é o resultado dunha investigación de seis meses realizada en Irán en 2019. Reunindo entrevistas, documentación, fotografías de arquivo e filmacións, conta a historia do Museo de Arte Contemporáneo de Teherán, inaugurado un ano antes da revolución iraní de 1979 e que alberga a maior colección de arte moderno occidental fóra de Occidente. En Teherán, sen poder visitar a colección en depósito, a artista recorre a artistas iraníes e a traballadores do museo que tiñan visitado os depósitos do museo e visto a colección, intentando recoller unha impresión da mesma e comprender os motivos sociopolíticos que houbo detrás da non presentación das obras.
Nun esforzo por recordar a colección, diversas personaxes narran as súas impresións sobre o pasado e o presente dun lugar, explorando a visibilidade e invisibilidade desta colección, e a importancia de facer e expoñer arte neste contexto sociopolítico.

[BIO] 

Artista visual e investigadora, vive entre Porto e Berlín.
Desenvolveu unha carreira artística multidisciplinar, expoñendo a súa obra en diversos formatos e espazos expositivos, en Portugal e no estranxeiro.
+

Carta ao porvir

Mariana Caló e Francisco Queimadela

— Estrea española —

Vídeo | Son | Cor | 12’ 45’’ | 2012

[OBRA] 

Os cantís de xiz da zona do estuario de Cuckmere e das Seven Sisters, en Reino Unido, están sendo engulidos pouco e pouco polo mar e poden verse a simple vista signos perceptibles do paso do tempo ao longo de millóns de anos, facilmente recoñecibles a través das súas particularidades xeolóxicas. A regularidade distinguible dos estratos xeolóxicos e os abundantes fósiles e microfósiles que compoñen o xiz revélanse nesta película reflectindo un desvelamento de capas cara o pasado. Nas zonas máis baixas dos escarpes encóntranse inscripcións e glifos, mensaxes que non chegarán ata un futuro lonxano.

[BIO] 

Mariana Caló e Francisco Queimadela, graduáronse en Pintura na Faculdade de Belas Artes da Universidade do Porto e colaboran como dúo dende 2010. +

Illas Afortunadas

Susana Gaudêncio

— Estrea española —

Vídeo y animación | Son | Cor | 13’ 58’’ | 2015

[OBRA] 

Ilhas Afortunadas explora o camiñar como método ancestral de viaxe crítico, que cataliza o coñecemento, o acto artístico e ofrece historias, abordando o concepto de insularidade como desexo de imaxinación, utopía, autonomía ou refuxio. Ao percibir o concepto de illa, a miúdo inclinámonos a crear valores positivos e facer dela un centro xerador de ilusións e quimeras. Unha illa adoita ser un lugar illado, unha rexión diferente, outro mundo, ao que chegamos a través da viaxe, como unha oportunidade de transformación. En Ilhas Afortunadas escoitamos a unha narradora en voz en off (a artista), que camiña pola cidade de Porto, reflexionando sobre o que observa.

[BIO] 

O seu traballo céntrase na vídeo-animación, a escultura, a instalación, a práctica do debuxo e nas publicacións de artistas. +

Brumal

Susana Soares Pinto

— Estrea internacional —

Vídeo HD | Son | Cor | 13’ 05’’ | 2018

[OBRA] 

Dous sons e dúas temperaturas: a brumosa e electrónica montaña e o cálido e desértico “shirincho” (unha guitarra cercana ao ukelele). Os dous están chorando! Os berros conectan o hemisferio norte co sur e percorren diferentes paisaxes do planeta: pasan polos Alpes e os Picos de Europa, cruzan o ecuador e chegan ao deserto de Atacama. Este vídeo foi creado a partir da música Brumal do álbum Peripherad Debris do grupo Haarvöl.

[BIO] 

Residente en Porto, graduouse en Artes Plásticas – Multimedia en 2013 e fixo o Máster en Prácticas Artísticas e Contemporáneas en 2015, ambos na FBAUP […] +

Casa do Sol

Lúcia Prancha

— Estrea española —

Vídeo HD | Son | Cor | 12’ | 2020

[OBRA] 

Casa do Sol explora a obra e o legado da escritora brasileira Hilda Hilst (1930-2004). A miúdo descrita como o Marqués de Sade de Brasil, a súa asombrosa obra aborda o misticismo, a loucura, a encarnación, o erotismo e a liberación sexual feminina. Casa do Sol é o nome da casa de Hilst. Durante a súa vida, a súa residencia foi un importante lugar de encontro para escritores, artistas e intelectuais. Hoxe en día, alberga o seu arquivo e hospeda un programa de residencias. Casa do Sol rodouse na casa e os xardíns de Hilst durante o verán de 2019 e emprega o texto dun dos contos de Hilst. Este vídeo experimental explora a sexualidade e o colonial a través da militancia política e poética da escritura de Hilst.

[BIO] 

Lúcia Prancha obtivo o seu Master en Artes pola CalArts-California Institute of the Arts (2015), despois de ter concluído os estudos de MA na Universidade de São Paulo (2012) […] +

Explicación da Luz

Explicación da luz, componse de dous programas comisariados pola investigadora, conservadora e xestora cultural luso-española Leonor Lloret (Appleton Associação Cultural). A primeira é unha sesión colectiva e a segunda está adicada á artista Catarina Vasconcelos, de maneira que xeran entre ambas unha revisión poética e sutil do que nos une ás outras e ao mundo, do fogar e do tempo dende múltiples puntos de vista.

Xoves 28 outubro | 18:30 – 20:00h

Fundación Luís Seoane

Viernes 29 oct | 18:30 – 20:00h

Fundación Luís Seoane

Co apoio de: