Explicación do Tempo
txt
Vivimos nunha época de incertidume. A pandemia enfrontounos á perda.
A perda da liberdade, a perda do establecido, a perda do espazo, a perda da vida e incluso a perda da morte nos seus rituais e loitos.
Ante o sentimento de perda, o tempo de reflexión, o tempo de volver ao tempo inicial, o tempo do encontro.
Este foi o punto de partida para a selección dos vídeos destas seis artistas, unha conciencia humana de pertenza a un espazo maior, sobre o que necesitan discorrer e meditar para entenderse a si mesmas.
A través da memoria persoal ou histórica, o camiño cartografiado, a voz literaria, a recuperación de prácticas ancestrais, percorren á necesidade contemplativa da paisaxe que ao mesmo tempo posibilita o distanciamento da mirada que finalmente vólvese cara a dentro.
Texto curatorial (por Leonor Lloret)
Explicación da Luz
Explicación da luz, componse de dous programas comisariados pola investigadora, conservadora e xestora cultural luso-española Leonor Lloret (Appleton Associação Cultural). A primeira é unha sesión colectiva e a segunda está adicada á artista Catarina Vasconcelos, de maneira que xeran entre ambas unha revisión poética e sutil do que nos une ás outras e ao mundo, do fogar e do tempo dende múltiples puntos de vista.
Xoves 28 outubro | 18:30 – 20:00h
Fundación Luís Seoane
Viernes 29 oct | 18:30 – 20:00h
Fundación Luís Seoane