ESCOLAS 2021

Convocatorias

CONVOCATORIA ESCOLAS

XATERIA

ESCOLAS é unha sección competitiva na que se realizan convocatorias abertas destinadas a estudantes maiores de idade sen importar a súa nacionalidade. É un espazo para visibilizar e incentivar o talento emerxente que se desenvolve e nutre nas interseccións das artes.

Nesta ocasión, en colaboración coa Galería de Arte Solaina, ESCOLAS torna a ollada cara cara a dicotomía cidade vs rural: pode o rural ser futuro? É o rural unha boa opción? Que é o rural? A través desta convocatoria queremos reunir a artistas e pezas que mostren diferentes perspectivas do rural. Achegas que poden vir dende o sentimental, o íntimo, a crítica ou o enxalzamento; que mostren o vínculo ou a falta deste; que fagan reflexionar arredor del; que falen de calquera aspecto que poida englobar o termo rural.