Seares

bio

Eu, Sergio Roo, nado no 1994 na provincia da Coruña (Galiza) estudei o grao en
Historia da Arte na cidade de Santiago de Compostela. A vontade sempre foi realizar cinema, mas co tempo tamén se espertou o meu interese pola interdisciplinaridade.

Comecei a producir pezas que mostraban as miñas inquedanzas dentro do que é ser galego, así como a retratar ás persoas que máis perto tiña de min; o que tamén
desencadeou en colaboracións con outras artistas galegas e no interese por procurar unha narrativa propia sen caer nunha réplica do alleo. Neste momento estou a terminar unha fase importante para a miña maduración persoal e artística que é o mestrado en cinema en Oporto (Portugal).

Escolas: Xatería

ESCOLAS é unha sección competitiva na que se realizan convocatorias abertas destinadas a estudantes maiores de idade. É un espazo para visibilizar e incentivar o talento emerxente que se desenvolve e nutre nas interseccións das artes. Para esta edición ESCOLAS organízase en colaboración coa Galería de Arte Solaina.

Venres 29 outubro | 16:30 – 18:00h

Fundación Luís Seoane

28 – 31 outubro

Fundación Luís Seoane