Laura MS

bio

Creadora multidisciplinar con ampla experiencia en execución de proxectos multimedia, audiovisuais e procesos experimentais de creación de imaxes. Licenciada en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Salamanca, a miña actividade resúmese en 12 anos como realizadora, motion grapher e deseñadora gráfica en proxectos audiovisuais freelance, mais os meus intereses leváronme a hibridar a miña formación en terreos diversos das Humanidades ata comezar en 2018, o Grao en Belas Artes pola Universidade de Vigo. Actualmente concentro a atención no campo da pintura e as súas vertentes, mentres sigo a profundizar nas posibilidades estéticas do soporte fílmico.

Escolas: Xatería

ESCOLAS é unha sección competitiva na que se realizan convocatorias abertas destinadas a estudantes maiores de idade. É un espazo para visibilizar e incentivar o talento emerxente que se desenvolve e nutre nas interseccións das artes. Para esta edición ESCOLAS organízase en colaboración coa Galería de Arte Solaina.

Venres 29 outubro | 16:30 – 18:00h

Fundación Luís Seoane

28 – 31 outubro

Fundación Luís Seoane