Inma Veiga

bio

Inma Veiga naceu en Parga (Lugo) no ano 1995. Estudou o Grao de Son e Imaxe na Escola Superior de Artes e Design das Caldas da Rainha (Portugal) e, recentemente, concluíu os seus estudos de Máster en Comunicación Audiovisual, con especialidade en Cinema Documental, na Escola Superior de Media Artes e Design do Instituto Politécnico do Porto.

Escolas: Xatería

ESCOLAS é unha sección competitiva na que se realizan convocatorias abertas destinadas a estudantes maiores de idade. É un espazo para visibilizar e incentivar o talento emerxente que se desenvolve e nutre nas interseccións das artes. Para esta edición ESCOLAS organízase en colaboración coa Galería de Arte Solaina.

Venres 29 outubro | 16:30 – 18:00h

Fundación Luís Seoane

28 – 31 outubro

Fundación Luís Seoane