Daniel Emanuel

bio

Daniel Emanuel naceu o nove de febreiro de 1994 en Lausana, Suiza – Cidade na que vivíu e se criou ata os 15 anos. A esta idade mudouse a Fortaleza e residiu alí ata a chegada da pandemia en 2020.
Dende entón vive na tranquila vila de Castro de Elviña, na Coruña. Mentres estivo en Brasil, ao mesmo tempo que daba clases de español, francés e inglés, ten actuado nas rúas e buses de Fortaleza tocando as súas composicións.
No 2018, ao entrar na carreira de publicidade e marketing descubriu a fotografía e nunca máis o deixou. En 2020 ingresou no curso de Fotografía da Escola de Arte Pablo Picasso onde segue estudando.

Escolas: Xatería

ESCOLAS é unha sección competitiva na que se realizan convocatorias abertas destinadas a estudantes maiores de idade. É un espazo para visibilizar e incentivar o talento emerxente que se desenvolve e nutre nas interseccións das artes. Para esta edición ESCOLAS organízase en colaboración coa Galería de Arte Solaina.

Venres 29 outubro | 16:30 – 18:00h

Fundación Luís Seoane

28 – 31 outubro

Fundación Luís Seoane