Cristina Chiarroni

bio

Cristina Chiarroni (A Coruña, 1993) é graduada en Belas Artes pola Universidade de Vigo, onde actualmente estuda o Máster en Dirección de Arte en Publicidade.
En 2020 participa no X Encontro de Artistas Novos na Cidade da Cultura de Galicia, así como en diferentes exposiciónms colectivas ao longo do territorio español: Certame de artes plásticas Novos Valores (Museo de Pontevedra); BAG 4TH: Festival Internacional de Arte Contemporáneo (Granada) e Comunicació/Incomunicació (MuVIM, Valencia).
En 2021 forma parte do evento Tool Park en Studio Follow (A Coruña), e é seleccionada para o SALÓN BRAND NEW no Centro de Cultura Contemporánea Condeduque de Madrid.
Na súa obra mestura diferentes disciplinas como cerámica, elementos textís, performance ou vídeoarte. Acostuma a falar sobre a pegada, a memoria ou o corpo, aínda que tamén lle interesa investigar sobre nomadismo, posthumanismo e memeoloxía.

Escolas: Xatería

ESCOLAS é unha sección competitiva na que se realizan convocatorias abertas destinadas a estudantes maiores de idade. É un espazo para visibilizar e incentivar o talento emerxente que se desenvolve e nutre nas interseccións das artes. Para esta edición ESCOLAS organízase en colaboración coa Galería de Arte Solaina.

Venres 29 outubro | 16:30 – 18:00h

Fundación Luís Seoane

28 – 31 outubro

Fundación Luís Seoane