Escolas: Xatería

Monocanle

Autorretrato

Daniel Emanuel Iglesias

Vídeo HD | Son | Cor | 4' 44’’ | 2021

[OBRA] 

Curta realizada como traballo final para a asignatura de Linguaxe Audiovisual da Escola de Arte Pablo Picasso. A curta é un autorretrato do autor con base nun poema escrito no 2017, cando aínda vivía en Fortaleza.
Cóntase de maneira subxectiva a través de imaxes de arquivo o cambio que supuxo saír de Brasil e volver a España despois de seis anos. A vida tola, chea de vicios desaparece para dar espazo a unha vida máis tranquila en Castro de Elviña, pequena vila ao lado da Coruña. Entre eses dous momentos, as imaxes de Fortaleza narran tamén a morriña dos que se quedaron e o recordo de que non todo foi de todo malo alí.

[BIO] 

Daniel Emanuel naceu o nove de febreiro de 1994 en Lausana, Suiza – Cidade na que vivíu e se criou ata os 15 anos. A esta idade mudouse a Fortaleza e residiu alí ata a chegada da pandemia en 2020.. +

FaceLessTime

Cristina Chiarroni & Roquekes

Vídeo HD | Son | Cor | 20’ | 2021

[OBRA] 

El rural (interpretado por GoogleTranslate) y la ciudad (interpretada por Siri), mantienen, en una videollamada, un diálogo escrito por GPT-3 (inteligencia artificial de procesamiento de lenguaje natural).

[Cristina Chiarroni] 

Cristina Chiarroni (A Coruña, 1993) é graduada en Belas Artes pola Universidade de Vigo, onde actualmente estuda o Máster en Dirección de Arte en Publicidade. +

[Roquekes] 

Inventor de cacharros.
Ás veces tobogán.
Á veces martelo de goma de madeira.

Leite. Sangue

Laura MS

Vídeo HD | Son | Cor | 5′ 41’’ | 2021

[OBRA] 

As relacións equitativas non existen. Son un intercambio ambivalente, xerarquías binarias, un acordo tácito… no amor existíu violencia, na supervivencia houbo morte… Quen pode romper o ciclo? As cousas acontecerán segundo teñan que facelo. Leite. Sangue. E volta a empezar.

[BIO] 

Creadora multidisciplinar con ampla experiencia en execución de proxectos multimedia, audiovisuais e procesos experimentais de creación de imaxes. + 

Meus sonhos no relógio

Seares

Vídeo HD | Son | Cor | 10' | 2020

[OBRA] 

Esta peza audiovisual é un collage de imaxes que habitan diferentes espazos da miña memoria, e que durante un paréntese dialogaron de maneira espontánea até xerar un pequeno diario persoal do que foi o primeiro semestre do 2020.

[BIO] 

Eu, Sergio Roo, nado no 1994 na provincia da Coruña (Galiza) estudei o grao en Historia da Arte na cidade de Santiago de Compostela. +

Brthr

Inma Veiga

Vídeo HD | Son | Cor | 8' 06’’ | 2017

[OBRA] 

A primeira vez que vin ao meu irmán non me gustou e díxenlle á miña nai que o enviara de volta; non quería ter un bebé tan feo na casa. Dezasete anos despois, Brthr amosa a súa transición dende o final da adolescencia ata o inicio da idade adulta. Trátase dunha película sobre a busca da identidade e a autoaceptación, narrada con honestidade, cuestións familiares e afectos complexos que só os irmáns poden ofrecer.

[BIO] 

Inma Veiga naceu en Parga (Lugo) no ano 1995. Estudou o Grao de Son e Imaxe na Escola Superior de Artes e Design das Caldas da Rainha (Portugal) […] +

Notas sobre habitabilidade en A Barca

Cinema Semente

16mm | Son | Cor | 16′ 47’’ | 2020

[OBRA] 

As imaxes do filme foron filmadas durante uns días nos arredores da Barca, unha vila abandonada ao sur de Galicia. A través do acto cinematográfico o filme mostra a nosa forma de habitar un espazo no medio rural galego.

[COLECTIVO] 

Cinema Semente é un colectivo de novos cineastas composto por Patxi Burillo (Iruña), Andrés Fernández (A Coruña), Paloma Hernández (Santiago de Compostela), Pablo Paloma (Barcelona) e Alfredo Ruiz (Ciudad de México) que operan en Galicia baixo unha perspectiva política e comunitaria centrada no medio rural.

 

Extraviada

Santiago Barandiaran Vela

Vídeo HD | Son | Cor | 14’ | 2021

[OBRA] 

“Que vos parece? Se un home ten cen ovellas e extravíaselle unha delas, non deixará as noventa e nove nos montes, para irse a buscar á extraviada? E cando chega a encontrala, asegúrovos que se alegra por ela máis que polas noventa e nove que non se extraviaron. Da mesma maneira, non quere o voso Pai que está nos ceos que se perda un solo destes pequenos”.

[BIO] 

Santiago Barandiaran Vela, nace o 10 de novembro de 1998 en Cáceres, é alí onde empeza a grabar as súas propias curtas amateur cos seus amigos. +

Escolas: Xatería

ESCOLAS é unha sección competitiva na que se realizan convocatorias abertas destinadas a estudantes maiores de idade. É un espazo para visibilizar e incentivar o talento emerxente que se desenvolve e nutre nas interseccións das artes. Para esta edición ESCOLAS organízase en colaboración coa Galería de Arte Solaina.

Venres 29 outubro | 16:30 – 18:00h

Fundación Luís Seoane

28 – 31 outubro

Fundación Luís Seoane