Telarete

bio

Detrás de “Telarete” está Tere Larios Etchevers. O seu proxecto artístico baséase na representación da súa infancia a través da cerámica e a poesía, apoiándose transversalmente noutras disciplinas como a pintura ou o teatro.
Como concepto parte da madurez, a comprensión do seu mundo, o espertar do xuízo, o erotismo e as relacións interpersoais. Xogando co sensible e o cru, aborda as súas grandes preguntas.

Escolas: Xatería

ESCOLAS é unha sección competitiva na que se realizan convocatorias abertas destinadas a estudantes maiores de idade. É un espazo para visibilizar e incentivar o talento emerxente que se desenvolve e nutre nas interseccións das artes. Para esta edición ESCOLAS organízase en colaboración coa Galería de Arte Solaina.

Venres 29 outubro | 16:30 – 18:00h

Fundación Luís Seoane

28 – 31 outubro

Fundación Luís Seoane