Nora Galván

bio

Son unha estudante de Comunicación Audiovisual residente na cidade de A Coruña. Teño 21 anos e fago proxectos persoais centrados na fotografía e o vídeo
ademais de traballos coma freelance (sesións de retrato, gastronomía ou videoclips).
A miña interese na fotografía naceu dende pequena grazas ao cine. Por iso a través das miñas obras gústame construir personaxes ou ‘alter egos’ das persoas retratadas a través da vestimenta, o atrezzo, a maquillaxe, os accesorios,etc.

Escolas: Xatería

ESCOLAS é unha sección competitiva na que se realizan convocatorias abertas destinadas a estudantes maiores de idade. É un espazo para visibilizar e incentivar o talento emerxente que se desenvolve e nutre nas interseccións das artes. Para esta edición ESCOLAS organízase en colaboración coa Galería de Arte Solaina.

Venres 29 outubro | 16:30 – 18:00h

Fundación Luís Seoane

28 – 31 outubro

Fundación Luís Seoane