Lil Chachi

bio

Orixinario da muradana parroquia de Louro, Lil Chachi (aka Oky Doky & Xanma) é un rapeiro e produtor adscrito a nova corrente de música pop en galego.
Nado no 1997, Lil Chachi comezou a publicar nas plataformas Youtube e Soundcloud os seus primeiros singles entre 2016 e 2017, motivado principalmente polas súas amizades. De inicio, estas cancións en galego e castelán xiraban arredor á temática festiva ou rural, con referencias a persoeiros locais e beats descargados de maneira pirata.
O éxito obtido da primeira aparición de Lil Chachi en Spotify, “Juanchy” ligado ao repentino desenvolvemento en paralelo do seu proxecto indie The Rapants, facilitou que este mozo comezase a incrementar os seus coñecementos de composición e produción dixital. Deste xeito Lil Chachi comezou a confeccionar os seus propios beats ata o lanzamento do seu primeiro álbum “2021 Montelouro Hills Drive” en febreiro de 2021. Gravado e editado íntegramente na casa, este primeiro proxecto completamente en galego deixa ver as referencias do artista. Figuras como Lil Yachty, J Cole, Kanye West, Travis Scott, Migos e, sobre todo, Kid Cudi forman parte dos estilos Hip-Hop, Trap, Rap Alternativo ou Pop Rap característicos na obra de Lil Chachi.
Deste xeito, tras unha remasterización exhaustiva levada a cabo por Juan Figueiras nos estudos da muradana Sala Nasmo, o artista loureán debutará sobre os escenarios cunha proposta animada para a futura edición do festival lugués Vaia Vaia 2021.

Escolas: Xatería

ESCOLAS é unha sección competitiva na que se realizan convocatorias abertas destinadas a estudantes maiores de idade. É un espazo para visibilizar e incentivar o talento emerxente que se desenvolve e nutre nas interseccións das artes. Para esta edición ESCOLAS organízase en colaboración coa Galería de Arte Solaina.

Venres 29 outubro | 16:30 – 18:00h

Fundación Luís Seoane

28 – 31 outubro

Fundación Luís Seoane