Elvira Martos

bio

Elvira Martos (Sevilla, 1989) é licenciada en Belas Artes na Universidade de Sevilla, na especialidade de pintura continúa os seus estudos pictóricos na Accademia di Pietro Vanucci en Perugia, Italia. A súa traxectoria artística desenvólvese en Roma, Italia, posteriormente transferíndose a Sydney, Australia. Ao longo da súa carreira, exerce como asistente e asesora artística, e como pintora e muralista para a axencia de publicidade Apparition Media. Ten participado en exposicións e proxectos creativos en Sevilla, Roma, Perugia, Granada, Benevento, Sydney, Venecia, Melbourne, Barcelona, etc.
Actualmente, vive e traballa en Sevilla, España, e acaba de clausurar a súa sexta exposición individual “Ni aquí, ni allí” cunha recompilación de obras de Bali, Kuala Lumpur e Singapur na Sala Patricio Howden. A súa investigación artística máis recente xira arredor da relación- non relación entre a pintura tradicional e os medios audiovisuais mái actuais, subliñando a ausencia dese “eslabón perdido” que desconecta as técnicas primixenias coa máis absoluta contemporaneidade.

Escolas: Xatería

ESCOLAS é unha sección competitiva na que se realizan convocatorias abertas destinadas a estudantes maiores de idade. É un espazo para visibilizar e incentivar o talento emerxente que se desenvolve e nutre nas interseccións das artes. Para esta edición ESCOLAS organízase en colaboración coa Galería de Arte Solaina.

Venres 29 outubro | 16:30 – 18:00h

Fundación Luís Seoane

28 – 31 outubro

Fundación Luís Seoane