Daniel Selas

bio

Son Daniel Selas, artista especializado en fotografía, escultura e deseño de moda. Comecei os meus estudos na Universidade de Vigo no Grao de Belas Artes.
Actualmente estou a cursar os estudos de segundo ano do Mestrado en Deseño e Dirección Creativa en Moda.
Participei en varias exposicións ao longo do meu percorrido académico: na Galería apArte en Rumanía, na Galería D’Arte Contemporanea en Italia, no Museo De Pontevedra e na Casa da Cultura Galega en Vigo, entre outras. Todas estas exposicións foron un empurrón para seguir traballando no que me gusta e obter certo recoñecemento neste sector.
Entre outros traballos tamén son freelance como director de arte, fotógrafo e estilista. Fago editoriais de moda para as miñas coleccións e tamén colaboro con deseñadores e artistas emerxentes na realización de proxectos contemporáneos no eido das artes.

Escolas: Xatería

ESCOLAS é unha sección competitiva na que se realizan convocatorias abertas destinadas a estudantes maiores de idade. É un espazo para visibilizar e incentivar o talento emerxente que se desenvolve e nutre nas interseccións das artes. Para esta edición ESCOLAS organízase en colaboración coa Galería de Arte Solaina.

Venres 29 outubro | 16:30 – 18:00h

Fundación Luís Seoane

28 – 31 outubro

Fundación Luís Seoane