Adrián Salgueiro

bio

Adrián González Salgueiro, nado en Verín, Ourense, no 1998, é un artista visual centrado no eido da fotografía. A súa obra fotográfica explora os límites entre o simbolismo e a abstracción a través do surrealismo, co uso habitual dun branco e negro de altos contrastes e xogos lumínicos para transportar visualmente ao espectador a novos lugares que rompan a barreira entre a natureza e a imaxinación.
Os seus proxectos fotográficos máis destacables son Meridiano, Transit, e O Son Na Rúa. Fotografías pertencentes ás súas obras foron seleccionadas en certames internacionais, e tamén para formar parte de exposicións nacionais e internacionais.

Escolas: Xatería

ESCOLAS é unha sección competitiva na que se realizan convocatorias abertas destinadas a estudantes maiores de idade. É un espazo para visibilizar e incentivar o talento emerxente que se desenvolve e nutre nas interseccións das artes. Para esta edición ESCOLAS organízase en colaboración coa Galería de Arte Solaina.

Venres 29 outubro | 16:30 – 18:00h

Fundación Luís Seoane

28 – 31 outubro

Fundación Luís Seoane