Escolas: Xatería

Expo

Enxames

Adrián Salgueiro

Fotografía e colaxe | 25 pezas, 40x50cm

[OBRA] 

Enxames é un proxecto visual de fotografía e colaxe que propón unha exploración etnográfica e persoal da aldea de San Xoán de Enxames, unha parroquia do concello de Vilardevós na comarca de Verín, da provincia de Ourense, cunha poboación de aproximadamente 100 habitantes na actualidade.
Esta obra propón unha reconstrución da imaxe do pasado, a través do recordo e os materiais conservados sobre a vida da miña familia materna na aldea, dende a visión dos meus avós, Manuel Salgueiro e Angelita Martínez, nunha contraposición coas novas visións do territorio na actualidade, onde se mantén dende sempre unha “esencia” e un pracer pola vida no rural, semellando unha imaxe proxectada nas verbas de diversos poemas da cultura galega engadidos no proxecto.

[BIO] 

Adrián González Salgueiro, nado en Verín, Ourense, no 1998, é un artista visual centrado no eido da fotografía. +

Na casa da avoa

Ana Sánchez

Fotografía | 56 pezas, 15x20cm

[OBRA] 

O rural é algo que se herda, que pasa por miles de xeracións onde a cultura e a tradición do traballo e o mimo cara a natureza seguen a manterse.
O piñeiro que prantou o meu avó, a casa que construíron os meus bisavós, a cociña que a miña avoa coidou seguen en pé, máis presentes ca nunca. Cambiaron moitas cousas dentro e fóra da casa, pero o sangue segue a ser o mesmo.
O rural é algo que se herda, pero que se non se coida pódese perder. O rural como valor e cultura. O rural é traballo e coidado, pero tamén descanso e vida contemplativa.
A través das fotografías, pasado e presente conéctanse, falan e mostran a casa onde comezou todo: a casa da miña avoa, Elvira.

[BIO] 

Son Ana e nacín o último día das festas do San Froilán no 2002 en Lugo. +

Car-horse

Antón Zaera

Escultura | Técnica mixta | 50x30x10 cm

[OBRA] 

Car-Horse é unha peza onde a forza animal e mecánica dialogan nunha especie de lance onde o cabalo, neste caso símbolo da forza animal, álzase rampante en xesto de victoria sobre a forza mecánica, neste caso un coche. Represento así a importancia do pasado fronte ao presente, o cal non sería nada sen os cimentos do primero.

[BIO] 

Antón Zaera é un artista multidisciplinar ferrolano que traballa unificando elementos e simboloxía antiga e moderna, creando así un nexo temporal cunha visión contemporánea.

De la ciudad ilegible al rural ficcionado

Cristina Chiarroni & Roquekes

Ilustración | 3 pezas, 60x60cm

[OBRA] 

Para a nosa proposta delegamos a responsabilidade de dar as respostas ás preguntas propostas na convocatoria a tres distintas intelixencias artificiais: GPT-3 (xerador de linguaxe natural), VQGAN+CLIP (procesamento de imaxes a través de linguaxe natural), WORD (interpretación de imaxes a través de linguaxe natural).
O proxecto está composto por dúas obras: A presentada á modalidade 1, trátase dun vídeo que recrea unha conversa entre o rural (interpretado por Google-Translate) e a cidade (interpretada por Siri); dito diálogo foi xerado por unha das IAs, GPT-3.
A presentada á modalidade 2 confórmase de tres imaxes xeradas por VQ-GAN+CLIP partindo do texto dado como resposta por GPT-3 ante as preguntas da convocatoria e posteriormente reinterpretadas por WORD para titulalas.

[Cristina Chiarroni] 

Cristina Chiarroni (A Coruña, 1993) é graduada en Belas Artes pola Universidade de Vigo, onde actualmente estuda o Máster en Dirección de Arte en Publicidade. +

[Roquekes] 

Inventor de cacharros.
Ás veces tobogán.
Á veces martelo de goma de madeira.

Glamping + Menta Montanha

Daniel Selas

Escultura textil | Peza sobre manequín | 180x120x70 cm

[Glamping] 

O proxecto Glamping está creado a partir de materiais reciclados de direfentes tendas de campaña. As prendas caracterízanse pola utilización de dous materiais moi diferentes: o poliéster, que proporciona impermeabilidade, e o cotón -100% algodón-, que aporta comodidade á persoa que o viste, ao igual que ocorre coa guata do interior.
Trátase dun traxe con varias posibilidades de uso -preferentemente exterior-, resistentes e pensados para a montaña. A tenda de campaña ensamblada ao saco de durmir pódese pregar e compleméntase con outro saco que serve para tansportar a indumentaria con maior facilidade.

50% ALGODÓN, 50% PLÁSTICO REUTILIZADO

[Menta Montanha] 

O proxecto Menta Montanha é unha continuación do proxecto Glamping levada un paso máis lonxe. Poderíase dicir que é unha adaptación do vestiario que servía para o refuxio de alta montaña a un estilo máis comercial e urbano.
Esta prenda en concreto trátase dun xersei con mangas ranglan feito a partir dun tecido base chamado cañamazo -100% algodón-, bordado con la de algodón e de acrílico de diferentes grosores.

60% ALGODÓN, 40% ACRÍLICO

[BIO] 

Son Daniel Selas, artista especializado en fotografía, escultura e deseño de moda. Comecei os meus estudos na Universidade de Vigo no Grao de Belas Artes. +

Interferencias

Elvira Martos

Pintura e vídeo | Medidas variables

[OBRA] 

Tomando como punto de partida a pintura, créase un diálogo entre a súa corporeidade máis tradicional e a contraposición desta coa linguaxe da arte audiovisual contemporánea. Non só a busca se centra na unión entre dúas maneiras de creación artística totalmente alonxadas (pintura e novos medios), senón que, nese punto de encontro, descubrimos o eslabón perdido entre antigüidade e actualidade, creando unha nova linguaxe ata entón nunca explorada.
Xérase, asimismo, unha dicotomía entre o estático, permanente, costumista,…e o móbil, pasaxeiro, fugaz e ilusorio, creando unha fusión que retrata a máis xenuina realidade; onde se subliñan as aparencias mutables, pasaxeiras e onde, por riba de todo, os lindes entre o mundo onírico e o físico son sutís e subxectivos.
Interferencias fai referencia a esta liña de investigación que actualmente se comezou a desenvolver e plasmar en bosquexos e prototipos físico-dixitais, despois dunha primeira etapa de estudo e creación.

[BIO] 

Elvira Martos (Sevilla, 1989) é licenciada en Belas Artes na Universidade de Sevilla, na especialidade de pintura continúa os seus estudos pictóricos na Accademia di Pietro Vanucci en Perugia, Italia. +

2021 Montelouro Hills Drive

Lil Chachi

Son | 30'

[OBRA]

2021 MLHD é un álbum autoproducido por Lil Chachi no seu estudo de Louro durante 2020 e inicios de 2021. A proposta (completamente en galego) busca aportar algo de personalidade ao panorama pop local, con singles influidos por artistas como The Weekend, Kanye West, J Cole, Migos, Pitbull e, sobre todo, Kid Cudi. Trap, Pop e ritmos latinos mestúranse no proxecto estrea desde artista galego.

[BIO] 

Orixinario da muradana parroquia de Louro, Lil Chachi (aka Oky Doky & Xanma) é un rapeiro e produtor adscrito a nova corrente de música pop en galego. +

Onde está a miña avoa?

Nora Galván

Fotografía | 3 pezas

[OBRA] 

Cando penso na miña avoa, imaxínoa recollendo verduras ou facendo algunha actividade ao aire libre, rodeada de vida e natureza. Ela é a maior conexión que teño co rural. Eses recordos distan por completo do que vexo cada día na miña cidade. A mestura do concepto urbano e o rural resulta nunha imaxe antinatural, coma se dito recordo non tivera cabida nos espazos fríos e os ritmos frenéticos que atopo nas urbes.

[BIO] 

Son unha estudante de Comunicación Audiovisual residente na cidade de A Coruña. Teño 21 anos e fago proxectos persoais centrados na fotografía e o vídeo
ademais de traballos coma freelance (sesións de retrato, gastronomía ou videoclips).
+

CCCC (Caderno de Campo Cerámico de Caraño)

Telarete

Cerámica sobre estante | 2 pezas, medidas variables

[BIO] 

Detrás de “Telarete” está Tere Larios Etchevers. O seu proxecto artístico baséase na representación da súa infancia a través da cerámica e a poesía, apoiándose transversalmente noutras disciplinas como a pintura ou o teatro. +

Escolas: Xatería

ESCOLAS é unha sección competitiva na que se realizan convocatorias abertas destinadas a estudantes maiores de idade. É un espazo para visibilizar e incentivar o talento emerxente que se desenvolve e nutre nas interseccións das artes. Para esta edición ESCOLAS organízase en colaboración coa Galería de Arte Solaina.

Venres 29 outubro | 16:30 – 18:00h

Fundación Luís Seoane

28 – 31 outubro

Fundación Luís Seoane