Encontros de profesionais das artes

Galicia - Norte de Portugal

En cada xornada de INTERSECCIÓN preparamos varios momentos para que as profesionais se atopen. Están organizados para tempos de descanso de contidos e en espazos amigables para a conversa, facilitando que as invitadas se coñezan mellor, haxa intercambios e se favoreza o networking. Estes encontros son fundamentais para que o festival vaia máis alá de ser un lugar de exhibición de obras, xerando a posibilidade real de comezar novos proxectos.

Sendo INTERSECCIÓN un punto de encontro onde se atopan profesionais e contidos procedentes de diversos países, a presenza de Portugal mantense dende a primeira edición e terá continuidade na edición 2021 a través do Encontro de profesionais das artes Galicia – Norte de Portugal.
A colaboración entre GNP-AECT e INTERSECCIÓN busca facilitar e fomentar a cooperación interterritorial entre Galicia e Portugal, contribuíndo a construción de tecido produtivo, creando vínculos entre ambas comunidades, fomentando e valorizando as respectivas industrias culturais e o coñecemento mutuo.
O Encontro de profesionais das artes Galicia – Norte de Portugal ten o apoio institucional da GNP – AECT e do Instituto Camões.
Do mesmo xeito que nos interesa crear vínculos con Portugal, tamén cremos relevante atender ás creacións que se producen noutros puntos de España, especialmente aqueles cunha marcada cultura propia, como Euskadi ou Cataluña.

Co apoio de: